Logo de la empresa

Entrevista a UXÍA - Cantante e Compositora

Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº 21 Verano 2022

Uxía é todo un referente da música en galego. A súa traxectoria artística está moi ligada as nosas raíces culturais.
Entrevista a UXÍA - Cantante e Compositora

Uxía é todo un referente da música en galego. A súa traxectoria artística está moi ligada as nosas raíces culturais, sendo unha das voces femininas máis consolidadas dentro do folclore galego. Sempre comprometida coa súa terra e a súa lingua, Uxía bebe doutras disciplinas artísticas como a poesía e reivindica a memoria colectiva do pobo galego.

Ti es natural de Mos, pero levas moitos anos afincada na Illa de Arousa. É a túa terra de adopción?

Si, a verdade que é a miña patria de adopción. É un lugar onde me sinto moi ben, onde me refuxio, aínda que as miñas raíces evidentemente están en Mos, a miña familia e a xente que quero está alí. O que pasa é que atopei este lugar e para min foi fundamental para compoñer, un lugar onde estar tranquiliña y sosegada, que non está mal.

En 1985 gañas o primeiro premio do Festival de Bergantiños. Como foron os teus inicios na música?

Non podo dicir que os meus inicios foran difíciles, porque en realidade tiven moita sorte. Sempre tiven claro que é a miña profesión era a música, aínda que estaba estudando filoloxía en Compostela. A raíz de este certame en Bergantiños, tiven a oportunidade de gravar un disco e ao final foi todo moi rodado. Nese momento nacía TVG, nacía Radio Galega. Tiven a inmersa sorte de empezar xusto nese momento e empezou todo moi rodado. Logo viñeron momentos mais complicados, pero por nada do mundo renunciaría a este oficio que para min é o máis marabilloso do mundo. Cantar para as persoas, facer que ese canto tamén transforme de algún xeito a súa realidade social.

Antes de iniciar a túa aventura en solitario formaches parte do grupo Na Lúa como vocalista. Como foi esta etapa?

A verdade que aprendín moito, aprendín moito da música tradicional. Con eles souben os segredos da nosa música de raíz, así que todo iso me serviu despois para iniciar a miña carreira en solitario e para todo o camiño que empezaría a percorrer a partir dese momento. Por iso sempre digo que estou enormemente agradecida a este grupo e a todo o que me proporcionou.

  

O álbum “Estou vivindo no ceo” publicado en 1995 é un dos teus traballos máis recoñecidos pola crítica a nivel internacional. ¿Consideras que é un dos teus discos máis importantes? ou destacarías outro?

Ese é un traballo que marca un antes e un despois na miña carreira. Eu teño un especial cariño por ese traballo producido, ademais de por Xulio Pereira, que é un bo amigo de Portugal e un músico extraordinario, por Nacho Muñoz, Kiko Comesaña.. Aí había unha sonoridade moi especial e a verdade que marcou o que sería a miña traxectoria a posteriori. Gustoume moito e ademais foi un disco moi premiado, foi editado nos Estados Unidos. Algunhas das pezas dese disco son cancións que a día de hoxe continúo cantando, como o “Alalá das mariñas”. Si que se pode dicir que é un disco importante, que foi un punto de inflexión para min.

Fuches unhas das voces que se alzaron tras o suceso do prestige. Consideras que os artistas teñen que ter compromiso social?

Iso creo que é algo moi persoal. En aquel momento, co prestige, eu nin pensei. Foi algo que me saíu do corazón. Xurdiu este movemento social tan importante nese momento e eu sumeime e ademais brindei a miña voz como voceira dese movemento. E creo que foi importante para a colectividade galega, saber que estábamos todos xuntos na defensa da nosa casa, do noso mar, do noso entorno e penso que está ben posicionarse nestes casos. As veces é máis cómodo non facelo, pero no meu caso a min so me deu alegrías. Tamén algún desgusto, pero sobre todo a alegría de saber que éramos unha piña defendendo o noso e non hai que tele medo ao compromiso. Ademais creo que nos fai mais coherentes. Na propia música eu a veces escollo algún poema que ten algo que dicir e aínda que pensemos que iso non transforma a realidade como nos gustaría, si que é importante. Hai que dar a nosa opinión sen medo porque vivimos nunha democracia e cada quen pode dar a súa opinión e sobre todo defender as nosas raíces, o noso entorno e noso mar.

Cada artista ten o seu propio proceso de creación, no teu caso bebes moito da poesía e do folclore galego. En que te inspiras para compoñer as túas cancións?

Pois depende. Os estados de ánimos creo que inflúen moitísimo tamén. Procuro ver ao meu redor e contar a realidade que vivo ou polo menos a realidade desde a miña óptica. Hai que ser un pouco introspectiva as veces, non escribindo, senón virando cara dentro consegues a inspiración. As veces tamén é unha historia que che contan, o un poema que me gusta. Cantei a Manuel María, a Uxío Novoneyra, a Rosalía de Castro. Gústame a poesía desde pequena, gústame escribila e gústame cantar a poesía que escriben outros.

Como unha das artistas máis consolidadas en Galicia, recibiches numerosos recoñecementos. Entre eles o Premio Rebulir da Cultura Galega recibido en 2017 e o premio da Música Independente en 2018. ¿Que significan este recoñecementos?

Eu sempre os agradezo moito porque é un xeito de visibilizar un pouquiño máis o meu traballo e tamén sinta ben que non é so o meu, é visibilizar tamén a nosa cultura. Entón sempre estou moi agradecida. O que creo é que hai que seguir traballando e non te podes recrear nos premios e nos recoñecementos. En todo caso sempre é un incentivo para seguir traballando, seguir reinventándome, seguir investigando. Eu non paro, non me acomodei.

Como artista que prefires, traballar no estudo ou tocar en directo?

É moi diferente. Gústame moitísimo o estudo e todo o traballo de composición, pre-produción, produción, arranxos… Gústame traballar en equipo, e sobre todo co meu equipo de sempre. E logo gústame o directo por enriba de todo, porque é a comunicación coa xente dun xeito integrador. Procuro que sempre sexa unha festa, moi participativa, onde a xente sinta que forma parte de esa celebración. Para min o directo é moi importante porque é facer que ese disco tome vida e chegue doutro xeito á xente, porque improvisas máis, botas máis de temas moi emblemáticos da túa carreira e entón vas mesturando cousas moi diferentes. O importante é entregarse co corazón, que non haxa imposturas e entregalo todo con honestidade.

Agora estás en plena presentación do teu último traballo en conxunto con Javier Ruibal, “De tu casa a la mía”, con poemas de García Lorca y de Rosalía de Castro. Cóntanos un pouco deste proxecto e dos próximos que tes en mente.

Este proxecto me fai moi feliz. Estamos os dous facendo presentación sen Galicia, en Andalucía e faremos tamén en Euskadi e outros lugares da península e de Portugal. Estou moi feliz con este proxecto porque algo que me gusta desta profesión é tender pontes, e o disco é unha ponte norte-sur, Galicia-Andalucía a través da obra de dous autores moi importantes e todo da man de Javier que é un cantautor marabilloso, que admiro un montón. Temos moitas cousas en común, moitas afinidades. E ademais estou preparando outro disco con músicas do camiño, con alalás, que é unha das modalidades da música tradicional que máis me gusta. Logo ademais tamén gústame traballar e producir proxectos doutros artistas. É verdade que as veces estou un pouco dispersa porque son moitos proxectos á vez, pero creo que non podería vivir doutro xeito.

Puedes ver la entrevista completa en vídeo en este enlace

 

 


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top