Redacción revista eSmás | Revista eSmás edición O Salnes Nº 5
Ghesgha é un proxecto musical concibido no ano 2014 baixo o nome de Killing Floor.

Ghesgha é un proxecto musical concibido no ano 2014 baixo o nome de Killing Floor. Naquela época o grupo movíase polos xéneros do hard rock e do blues instrumental, pero co paso do tempo os seus membros foron buscando novos sons e incorporando distintos instrumentos, como o sintetizador ou o bombardino. Foi dous anos despois cando consideraron que o seu novo estilo debía traducirse nun novo nome e escolleron Ghesgha, dentro do seu afán de buscar algo distinto e diferenciador.
Na súa nova etapa, Ghesgha bebe da influencia dos grandes grupos progresivos da década dos 70, c
omo son King Crimson, Pink Floyd, Camel, Van Der Graaf Generator, Frank Zappa ou E.L.P., entre outros. Coa súa influencia, Ghesgha creou un estilo propio, único e característico, sempre en constante evolución e exploración e coa improvisación como o piar fundamental para as súas actuacións en directo, da man da tradición do jazz fusión. Fixáronse en formacións como a Mahavishnu Orchestra, Return to Forever ou One Shot para que todas as súas accións sexan irrepetibles.
Nos seus directos, polo tanto, crean auténticos rituais sonoros e instrumentais onde todos os seus membros o dan todo de si mesmos: tanto Xosé V. Outón, á guitarra, como o batería Gabriel González, o baixo Daniel M. Vázquez e tamén Adrián Chaves, encargado dos teclados, o sintetizador e o bombardino. Ata a data teñen unha maqueta gravada en 2016, ao abeiro do premio do concurso “Píntao de rock”, pero a súa idea é volver gravar novo material este mesmo verán.
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652