Daniela De Amorín | revista eSmás O Salnés N13 Verano 2020
Meaño é un dos nove concellos da comarca de O Salnés, situado na parte meridional da provincia de Pontevedra.
Meaño é un dos nove concellos da comarca de O Salnés, situado na parte meridional da provincia de Pontevedra. Por mor disto, non so é limítrofe cos concellos da súa comarca (Meis, Sanxenxo, Ribadumia e Cambados) senón tamén co concello de Poio. Ocupa unha superficie de 28 quilómetros cadrados, sendo un dos concellos con maior extensión despois de Meis, Sanxenxo, Vilagarcía e Vilanova.
O municipio é moi rico en canto a entidades de poboación, con numerosos núcleos dispersos nas súas sete parroquias: Covas, Padrenda, Xil, Meaño, Simes, Lores e Dena, onde residen mais de 5.500 habitantes. A parroquia de Dena é a máis densamente poboada e a única en contacto co mar.
Orixe e historia
Existen poucos datos e referencias históricas deste municipio. Como no resto das localidades do Salnés, atopamos neste concello algúns restos arqueolóxicos da idade media. De feito documentouse que nas faldas do Castrove, a igrexa de Sta. María de Simes foi no medievo un importante lugar de oración. No pasado, Meaño foi un importante centro artesanal de tecedores, pero na actualidade esta tradición apenas pervive. O que si pervive a día de hoxe é a importante actividades agrícola e gandeira da localidade, que goza de excelentes terras para a produción de viño, millo, trigo, centeo, cebada, avea, patacas, legumes, verduras e todo tipo de froitas; Entre o gando destacan as ovellas e cabras; e a caza de perdices, codornices, chochas, lebres e coellos.
En canto a fundación e evolución do concello non se sabe nada con exactitude. Contémplase a posibilidade de que fose fundada por dona Urraca, primeira raíña de Galicia. Posteriormente, Alfonso VII donaría estas terras ó mosteiro de S. Martín Pinario, pasando a formar parte entón da igrexa de Santiago. Pero probablemente a súa constitución como concello propio levouse a cabo, ao igual que no resto de localidades da zona, coa división constitucional decretada polas Cortes de Cádiz en 1812, onde se establecía que os alcaldes, rexedores e procuradores tiñan que nombrarse por elección dos pobos. Ata esta época a organización parroquial estaba baseada nos cotos e xurisdicións do Antigo Réxime, que eran de patrimonio señorial, pero a partir de 1835 empezarían a constituír unha entidade propia.
Acontecementos e personaxes importantes
Se falamos de historia tamén temos que destacar personaxes e sucesos importantes do Concello, no que podemos sinalar unha estreita vinculación de Meaño coa política. Nesta terra naceron Telmo Martín González e Roberto Varela Fariña, dous políticos moi relevantes no panorama actual. O primeiro foi no pasado Deputado nas Cortes Xerais Españolas e a día de hoxe preside o concello de Sanxenxo. O segundo é un diplomático recoñecido a nivel internacional, sendo durante máis de seis anos embaixador de España en Uruguay e actualmente asesor de asuntos culturais na Embaixada en Francia. Por último, debemos mencionar á poetisa e dramaturga galega do século XX Herminia Fariña Cobián, natural da parroquia de Simes. A súa obra tamén está vinculada coa política, pois escribiu varios poemas de exaltación relixiosa e do bando franquista, unha ideoloxía herdada do seu pai que era militar.
En canto a sucesos importantes cabe destacar o terrible incendio da Casa Consistorial de Meaño en 1946, un acontecemento que dende sempre vinculouse a un conflito político de carácter local. Aínda a día de hoxe o suceso segue facendo mella na poboación meañesa, tanto polo misterio que entraña (a orixe do incendio non foi investigada nin foi rexistrado de maneira oficial) como pola rivalidade que xerou entre os veciños das parroquias de Meaño e Dena. O motivo do conflito foi o intento por parte do anterior alcalde, Manuel Varela Berreiro (rexidor durante a Guerra Civil) de trasladar o consistorio dende Meaño a Dena. Nese momento gobernaba en funcións Miguel Dovalo Méndez, quen tivo que ver como Varela lograba trasladar o concello que el dirixía á Casa de Torres en Coirón. O Consistorio en Dena durou tan só uns días, o tempo que tardaron Dovalo e algúns veciños de Meaño en reorganizarse e levarse de novo o concello a súa parroquia.
Patrimonio arqueolóxico e artístico
O Concello de Meaño é un perfecto destino turístico rural. En pleno corazón do Salnés, Meaño permite gozar da tranquilidade e o descanso na natureza a poucos quilómetros doutros concellos cunha ampla oferta de ocio e gastronomía, como Sanxenxo, Vilanova ou Vilagarcía de Arousa.
Meaño é un concello moi rico en canto patrimonio arqueolóxico e artístico. E non so falamos dos máis de centenar de cruceiros, hórreos, muíños, pazos, igrexas e capelas repartidas polas distintas parroquias, senón de restos de gran valor arqueolóxico como a Mámoa de Penaguda ou o Castro de Cobas no monte de San Cibrán. Meaño é o destino elixido para gozar en tranquilidade de fermosos vals e montañas sen renunciar ás praias e o mar da costa.
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Asesoria laboral, fiscal, contable, declaraciones de rente, para pymes - empresas Dir: Avenida de galicia, 33 -1ºA Cambados Telf: 986 54 21 91 Movil: 639 09 70 13 E-mail: tita@asesoriadetita.com Visita nuestra web
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 https://www.canedaychamosa.com/
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - https://afytasesores.com/
Bodegas Gran Bazán Albariño - Lugar de Tremoedo, 46, 36628, Pontevedra Teléfono: 986 55 55 62 - www.bodegasgranbazan.com
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Maquinaria, Herramientas, Construcción y Jardinería. - 986730300
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Construgal - Tu empresa de reformas y servicios de fontanería, electricidad y pintura. Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - https://www.construgal.es/
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/