Hernando Martinez Chantada | revista eSmás O Salnés Nº 3
Nos nomes dos lugares, os topónimos, está parte da nosa historia, o noso pasado próximo ou remoto.
Nos nomes dos lugares, os topónimos, está parte da nosa historia, o noso pasado próximo ou remoto. Son palabras que sobreviven na memoria da xente e forman parte do noso patrimonio inmaterial herdado dos nosos devanceiros.
Por mor da milenaria e intensísima humanización do seu territorio, Galicia conta cun riquísimo patrimonio toponímico. Pero nos tempos actuais, por diversos factores, gran parte deste patrimonio está en perigo de perderse.
Particularmente estanse a perder moitos dos coñecidos como microtopónimos; nomes de lugares, agros, camiños, fontes, arboredos, outeiros, etc.
No Antigo Réxime as parroquias que actualmente integran o concello de Meis pertencían a diferentes xurisdicións. No primeiro terzo do século XIX trazouse unha nova organización territorial do reino de España, creándose as provincias, os partidos xudiciais e os concellos. En 1835 incluíanse nun concello co nome de Meis trece parroquias. En 1836 contaba só con seis parroquias, con capital en San Martiño. Desde 1841 integran o concello sete parroquias.
Este conxunto parroquial do concello de Meis pode subdividirse xeograficamente en catro zonas. No extremo suroeste, ocupando parte da serra do Castrove, a parroquia de Armenteira; máis cara ao oriente Meis (San Martiño e o Divino Salvador); logo as tres Nogueiras (San Vicente, San Tomé e San Lourenzo); e pola banda do norte, baixando ás ribeiras do Umia, Paradela.
O topónimo Meis, que dá nome ao concello, ten a súa orixe etimolóxica na antropoloxía xermánica latinizada. Un nome persoal xermánico pasado á lingua dos romanos, o latín. Vou explicar este proceso.
O territorio da nosa comarca, e o do resto da actual Galicia, estivo habitado por seres humanos desde hai milenios. Estas xentes sustentábanse dos produtos da terra e do mar, facéndose máis tarde pastores. Despois iniciaron unha agricultura rudimentaria e pouco desenvolvida. Agrupábans en tribos, grupos de familias procedentes dun antepasado común, ocupando un territorio de uso colectivo. Vivían en aldeas dispersas, case sempre rodeadas de foxos e valados defensivos.
Estas aldeas prehistóricas fortificadas coñecémolas co nome de castros e aos seus habitantes como os castrexos.
Pasaron os tempos e, hai algo máis de dous mil anos, chegaron a estas terras os romanos. Dispoñían dun poderoso exército e apropiáronse do territorio e dos seus habitantes.
As terras pasaron a ser propiedade (dominium) do Estado de Roma, consideradas como ager publicus. O Estado reservou a explotación exclusiva dos bosques e das minas e cedeu aos castrexos terras de pasto, a cambio de prestacións pactadas como man de obra (traballo nas minas, construción de camiños, etc.). Parte do ager publicus cedíase a colonos particulares (possesores) mediante o pago dun censo. A possessio, implicaba a tenencia da terra para o seu aproveitamento ou usufruto e non como dominatio oupropiedade, polo que se podía revocar a cesión. Os possesores non eran propietarios das súas posesións; o dominio ou propiedade era do Estado romano.
Os posesores construíron centros de explotacións agropecuarios, as villae rurais. Estas villae romanas estaban constituídas polo palatium, ou casa principal, e unha serie de edificios aliñados ao redor dun patio aberto, nas que vivían os traballadores, acollían o gando e se gardaban os apeiros e as colleitas. Deste xeito desenvolveuse a agricultura e estendéronse os cultivos, activando unha importante actividade madeireira ao tallaren os bosques para dedicalos a terras agrícolas. Introduciron diversos cultivos, como o da vide e a oliveira.
Máis tarde, a principios do século V, instaláronse na provincia romana de Gallaecia os suevos, un pobo xermánico.
Establecéronse aquí como possesores, segundo as pautas dos romanos. Fundaron un reino que perdurou case 200 anos, ata que o conquistaron os visigodos, outro pobo xermánico.
En moitos sitios de Galicia os topónimos indican a influencia romana na explotación e organización da propiedade rural. O topónimo Meis corresponde na súa etimoloxía a un possesor de de orixe xermánica, suevo ou godo, de nome Medis, asentado como colono particular nas terras propiedade (dominium) do Estado romano. Por esta razón temos que supoñer a existencia dunha importante explotación agropecuaria, unha villae Medis.
Non cabe dúbida que esta villae rural se asentaría nun lugar que contase coas condicións ambientais máis idóneas do territorio circundante para desenvolver as actividades agropecuarias. Unhas terras de topografía suave, protexidas dos ventos fríos do nordés e orientadas ao mediodía para aproveitar a exposición ao sol, con abundancia de mananciais de auga e vizosos pastadeiros para o gando e con bosques nos outeiros para fornecerse da madeira necesaria e de leña para o lume. A tal explotación podería situarse na marxe dereita do río San Martiño, que baixa do cume do Castrove, desde o actual lugar do Pazo de Meis, na parroquia do Divino Salvador, seguindo polas terras da aldea de Talide ata a de Arosa, en San Martiño.
No territorio galaico-minhoto (Galicia e norte de Portugal) hai varios antropónimos Meis/Mei. O elemento Mei parece formar parte tamén doutras formas compostas toponímicas: Meigonte, en Fríol, e Meicende, en Arteixo.
O nome común mid (medio) ten correspondencia no gótico midis, o inglés midde, no nórdico midja, etc.
A comezos do século XII aparece a igrexa de San Martiño de Meis entre as doazóns que se fan á catedral de Santiago. En 1237 figura o topónimo Meis nun documento do mosteiro de Armenteira: Munio Gatus de Meys. En 1258 tamén se rexistra o topónimo portugués de Sact Martini de Mey na rexión miñota de Arcos de Valdevez. Nun documento compostelán de 1487 figura a expresión toponímica de Sancti Martini de Meis.
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 www.canedaychamosa.com/
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo