Araceli Tomé & Luisa Mª Blanco | Revista eSmás Vilagarcía Nº 21
El Rincón de la Salud
Pensamento e sentimento están directamente relacionados coa nosa conducta. Comunicámonos co mundo exterior a través dos nosos sentidos (vista, oído, tacto, gusto, olfacto), a información que recibimos lévanos ó pensamento e os pensamentos fannos sentir.
¿É posible que sintamos ansiedade por algo que pensamos? A resposta é si. Como xa comentábamos os pensamentos poden xerar emocións, algunhas positivas e outras negativas; e ao mesmo tempo o que sentimos inflúe no que pensamos.
As emocións teñen un potencial adaptable, teñen unha función que é axudarnos a sobrevivir. Así a ansiedade é unha emoción que nos avisa de que hai un perigo, que pode aparecer por algo que pensamos e que non supón un perigo real pero que nos leva a unha reacción ou conducta. Por exemplo imos camiñando polo monte e atopamos un saltón de gran tamaño, e pensamos que é velenoso e nos vai picar. Ante este pensamento o noso cerebro interpreta que existe un perigo e activa un mecanismo de defensa (neste caso a ansiedade). Como consecuencia aparecen sensacións como a falta de aire, sudoración, taquicardia, etc., e pode levarnos a escapar e a evitar dar paseos polo monte.
A ansiedade é unha emoción que aparece tanto para activarnos e poñernos en guardia ante un peligro real coma para facer que se desencadenen outras reaccións e conductas que non presentan perigro aparente.
¿Que se pode facer para “cortar” a ansiedade? Unha posibilidade é cambiar a interpretación que facemos deses pensamentos desencadenantes de peligro. O primeiro paso sería recoñecelos, xa que en moitas ocasións son pensamentos automáticos dos que non somos plenamente conscientes. Unha vez que os temos identificados valoraremos a medida na que poden ser ou non reais.
Seguindo co exemplo do saltón, identificamos o pensamento (é velenoso, vaime picar) e logo valoramos a medida na que pode ocorrer (os saltóns non son velenosos en realidade, si non me acerco non me fará nada, si eu non o molesto él tampouco me fará nada). Unha vez que fagamos esa reinterpretación veremos como a ansiedade diminúe e tamén as sensacións de malestar, permitíndonos seguir desfrutando da nosa andaina.
Outra forma, podería ser actuar directamente sobre a intensidade da ansiedade, logrando reducila ata límites baixos ou non molestos, a través de técnicas concretas de autorregulación das emocións.
Co entrenamento apropiado cada persoa logra e aprende a dominar a emoción ou identificar o/os pensamento/s molestos que obstaculizan a súa vida persoal, familiar, social ou laboral. Na Clínica e a coa axuda de Terapias Psicolóxicas lograrás regular as tuas emocións e pensamentos eliminando así a ansiedade sen pastillas e sen sufrimento.
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20 www.maderasredondo.com
Panificadora Victor Cordo, desde 1980. Castor Sánchez, 1 - Vilagarcía. Telf: 986 50 15 39
Peluquería de señora, caballero y niños. Todo tipo de tratamientos y servicios para eventos con productos de la mejor calidad. - C/ Castor Sánchez nº18, Vilagarcía. Telf: 986 189 992 Facebook Tijeras de diseño
Av. Juan Carlos I, 27 - Telf.: 886 293 360 - Whatsapp: 619 888 039 - www.clinicadentaldoctortouron.com
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - www.construgal.es
Taller de joyería y relojería, venta y reparación. Dr: Edelmiro Trillo, 19, Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 512 016 www.joyareloj.es
Tu boutique de moda para hombre y mujer con diseños de inspiración marítima. C/ Edelmiro Trillo nº21, Vilagarcía. Telf: 986 551 881 www.orzanautica.com
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.