Logo de la empresa

Las mascotas y nuestra salud

Redacción revista eSmás | revista eSmás Santiago Nº4 - Año 2021

Las mascotas y nuestra salud

En cuanto a la salud respiratoria, de momento solo hay pruebas de que convivir con perros y gatos reduce las infecciones respiratorias, las otitis y el consumo de antibióticos en el primer año de vida.

 

Un estudio realizado en Suecia a partir de los datos del sistema sanitario acumulados a lo largo de diez años (más de un millón de casos) detectó un 15% menos de incidencia de asma infantil en los niños criados en un hogar con perros que en los niños de hogares sin perro.

 

Sea como fuere, queda claro que, en la interacción mascota-humano, la sensibilidad de la mascota en su relación con los humanos puede actuar en algunos casos como contención emocional de los amos.

 

Y en épocas de crisis como la actual, que generan situaciones muy estresantes, mascota y humanos podemos darnos soporte mutuo y ayudarnos en momentos difíciles.

 

Un elemento más que añadir, en justa reciprocidad, a las responsabilidades contraídas por el amo en el bienestar de su mascota. Porque si nuestra mascota (perro o gato) se preocupa de nuestro bienestar, es justo que los humanos nos ocupemos también del suyo.

 

Camille naceu nunha leira dun particular na que tiña moitos porcos en malas condicións. Unha moza  conseguiu salvala, pero despois de varios intentos quedou sen sitio onde tela. Chegounos o seu caso nun mal momento pero non puidemos dicir que non, xa que era unha situación desesperada. E así chegou á familia Vacaloura, onde pasará o resto da súa vida coidada, protexida e acompañada do resto da súa familia. Camille é intelixente, divertida e moi agarimosa. Como todas as porcas que coñecemos. Podes amadriñar ou apadriñar a Camille desde 10€/mes: www.santuariovacaloura.org

 

 

Reich chegou ao santuario cun par de días de vida, en setembro do 2020. Unha parella atopouna no campo recén nada e soa, sen ningún rabaño nin casa preto. Dende que chegou ao santuario namorounos. É moi complicado sacar adiante a unha bebé sen a súa nai, pero con Reich conseguímolo e agora é unha ovella feliz, a que o que máis lle gusta é pasar o seu tempo cos seus irmáns cánidos do santuario. Podes amadriñar ou apadriñar a Reich desde 10€/mes: www.santuariovacaloura.org

 

 

 

Platero chegou ao santuario no ano 2017, abandonado despois dunha vida de explotación e malos tratos. Case 4 anos nos que aprendeu o que é o amor, os coidados e a familia. Foi inseparable e o protector da burriña Alma, ata que nos deixou o pasado verán. E, aínda que non lle gusta o contacto humano, despois dunha vida tan complicada, cada día é máis confiado e está a descubrir que non todas as persoas son como aquelas que o trataron tan mal durante tantísimos anos. Podes amadriñar ou apadriñar a Platero desde 10€/mes: www.santuariovacaloura.org

 

 

Noelia chegou ao santuario en marzo do 2017, xunto a Miguel. Foron rescatades dunha situación de completo abandono dunha leira en Lugo, chegou en moi mal estado, moi parasitada, asustada e con síntomas de desnutrición severa con perda de masa muscular. O tempo, os coidados e os demais animais de  Vacaloura curaron as feridas de Noelia e agora é feliz no santuario. Podes amadriñar ou apadriñar a Noelia desde 10€/mes: www.santuariovacaloura.org

 

 

Gus chegou ao santuario durante o ano 2020, xunto a Elena, unha vaca. Tiña 6 meses cando chegou á súa nova vida, pero abriu os ollos por primeira vez rodeado de horror e morte. Viu morrer á súa nai, á que se lle rompeu a cadeira (ou lla romperon...) e non recibiu os coidados necesarios. Quedou só no mundo sendo apenas un bebé e tentaba non relacionarse moito co resto, pois era demasiado pequeno para defender a súa posición e non tiña a ninguén que o fixese por el. Veu cheo de marcas e é o tenreiro coa mirada máis triste que vimos. Non se separa de Elena e no santuario devolvémoslle a ambos a vida que sempre deberon ter. Podes amadriñar ou apadriñar a Gus desde 10€/mes: www.santuariovacaloura.org

 

Cosmos era un porco máis na cadea de produción de carne ata que alguén pensou que sería divertido telo como mascota e mercouno. Tres meses despois, esa mesma persoa devolvíao á mesma cadea escusándose en que polo menos el tivera unha boa vida. Por sorte, foi rescatado polas súas veciñas, que non ían permitir que o seu amigo finalizase convertido en carne e puxéronse en contacto connosco. Disto hai xa 7 anos e Cosmos goza da súa liberdade en Vacaloura. Podes amadriñar ou apadriñar a Cosmos desde 10€/mes: www.santuariovacaloura.org

 

 

Dalí foi mercado cando era un bebé para ser un agasallo de voda. Despois dun ano, xa non lle facía graza aes súes propietaries. Vivía só nunha pequena cuadra da que non lle deixaban saír nunca a pesar de ter unha horta ampla. Dicíannos que o que máis lle divertía facer era cambiar a súa cama de palla dun lado da cuadra ao outro, obviando que era o único que podía facer estando alí só e sen máis obxectos nin animais cos que interactuar. Para ser o seu  hobbie preferido, desde que está en Vacaloura non o volveu facer. Prefire bañarse nos charcos, rascarse contra as pedras ou rebozarse no chan nos días de sol e durmir ben apertado xunto a Benita e Luísa nos días de choiva ou nubrados. Dalí é unha excepción, a maioría non corren tanta sorte. Podes amadriñar ou apadriñar a Dalí desde 10€/mes: www.santuariovacaloura.org

 

Cloe saltou do camión, no que viaxaba con centos doutras galiñas, aos brazos da súa rescatadora. O seu destino era unha granxa onde sería explotada polos seus ovos durante un ano ou ano e medio, antes de ser enviada ao matadoiro, enferma e exhausta, sen ver a luz do sol sobre as súas plumas. Pero ese salto cambiou o seu destino e veu parar a Vacaloura onde a implantamos para evitar que poña eses ovos que as enferman. Podes amadriñar ou apadriñar a Cloe desde 10€/mes: www.santuariovacaloura.org

 

 

Nilo chegou a Vacaloura con apenas uns días de vida, acompañado de Clara, a súa nai, e de Amazonas, a súa irmá. Era moi pequeniño e agora é un dos patos máis grandes do santuario. Segue sendo tan amoroso e adorable como cando era un poliño. Cando chegamos a salvalos, os seus irmáns xa morreran ou foran roubados do parque do Auditorio de Compostela, ante a impotencia da súa nai. Pero eles tiveron a sorte de coñecer unha cara máis amable da vida. Foi posible grazas ás persoas que nos deron o aviso e as que colaboran axudándonos a correr cos gastos que produce día a día no santuario. Podes amadriñar ou apadriñar a Nilo desde 10€/mes: www.santuariovacaloura.org


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top