Logo de la empresa

Lembras a Praia da Concha?

A Vilagarcía Antiga | Revista eSmás Vilagarcía Nº 6

Cesión fotografías: www.patrimoniovilagarcia.com
Lembras a Praia da Concha?






 
En Vilagarcía inaugurábase en 1888 este fermoso edificio feito de madeira, o Balneario de "La Concha de Arousa" ou "A purísima Concepción", na praia da Concha.
A Gaceta de Galicia desde ano contaba nun artigo como era esta construcción e as comodidades que pfrecía: De "estilo chinesco", o edificio tiña unha parte destinada a os homes e outra ás mulleres.



Había un restaurante amplo e con mesas de mármore. Albergaba tamén tocador de señiras, gabinete de lectura e unha sala de xogos, con caballitos e billar romano (un xogo de bolas semllante a petanca).
Nesta imaxe vese ben como existían diferentes peiraos ao longo da praia e como destacaban as mansións xunto o balneario.







O balneario da Concha de Arousa dispuña de sesenta habitacións, 2con jofaina de válvula, espello e colgadores, pero todo elegante, todo bo", con cuartos de baño quentes. Foi derrumbado no ano 1957.
Nesta fotografía dos anos setenta vese coma a praia evolucionou tras o derrumbamento do balneario e xa coñecemos como está nestes momentos tras o recheo realizadona década dos noventa.

Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top