Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés 36 Primavera 2026
Falamos con Anni, unha das responsables desta iniciativa desinteresada que fai moito ben no medio ambiente da ría
Falamos con Anni, unha das responsables desta iniciativa desinteresada que fai moito ben no medio ambiente da ría e á que lle desexamos o mellor dos futuros.
Como e cando comezou Limpiarousa?
En 2024, cando o vertido do Toconao deixou a costa chea de pellets, moitas persoas preocupadas polo lixo mariño saímos ás praias e coñecémonos. Concretamente, tres mulleres desta zona. Démonos conta de que tiñamos as mesmas ganas de facer algo significativo, uníndonos a outras persoas coas mesmas motivacións e obxectivos. Somos tres mulleres con traxectorias diferentes pero moi complementarias; encaixamos moi ben e todo surxiu dunha forma natural.
Que iniciativas desenvolvedes?
Somos un colectivo de voluntarias, o que implica que non temos medios propios. Ás veces buscamos colaboracións con organizacións ambientais que consideramos que levan tempo facendo as cousas ben, como Surfrider ou Adega. Apoiámonos nelas para facer as convocatorias máis grandes. Outras veces saímos espontaneamente porque nos avisan dalgún vertido, ou organizámolo co noso grupo de voluntarias. Tamén organizamos accións con outros grupos locais que imos coñecendo nesta aventura, como Proxecto Amarte, Mar de Fábula, NoiaLimpa… ou concellos, centros de ensino ou organizacións que nos piden colaborar.
A idea central é sempre actuar a nivel local para buscar solucións aos problemas que detectamos:
- Descontaminar zonas abandonadas dende hai tempo, porque non son zonas de baño nin de produción.
- Chamar a atención sobre problemas que se teñen normalizado. Para iso publicamos en redes, prensa, etc.
- Recoller datos e envialos a quen os poida empregar para procurar solucións a cada problema.


Fálanos sobre as actuacións que fixestes en O Grove.
En O Grove detectamos, ao igual que en moitos lugares da nosa costa, a presenza masiva de biosoportes. En agosto de 2024 houbo un gran vertido destas pezas empregadas en acuarios, piscifactorías e outras empresas, e recollimos milleiros en praias como Area Grande, Mexilloeira ou As Pipas.
A parte máis exposta ao Atlántico é unha fonte continua de lixo procedente de grandes barcos e tamén da actividade humana. Dende San Vicente cara ao interior da ría evidénciase a acción pesqueira e de acuicultura. Se ben é certo que coñecemos persoas que de xeito regular fan limpezas na súa contorna, é necesaria a implicación de moitos sectores para frear esta contaminación por plásticos, que ademais prexudican gravemente á cría de aves, sendo O Grove un lugar emblemático neste sentido.


Cal é o obxectivo cando plantexades unha nova acción?
Chamar a atención sobre problemas que temos diante, pero que parecen estar normalizados. Moitas veces somos nós mesmos cos actos individuais: esa cabicha que vai ao chan, esa toalliña que se tira polo inodoro, algo que cae dun barco de pesca, ou un cartucho de caza abandonado no monte. E tamén conseguir maior implicación das administracións e dos responsables de cada problema (depuradoras municipais que funcionan mal, empresas, piscifactorías… todos estamos implicados).
Como vedes o futuro da asociación?
Gustaríanos que nuns anos estes problemas que detectamos fosen a menos e poidamos gozar da nosa costa tranquilas. Se non é así, seguiremos actuando, porque é o que nos move e non imos parar. Grazas a isto coñecemos moitísima xente marabillosa e seguro que non nos faltarán actividades para facer na praia, sexa denunciando a súa contaminación ou desfrutando da beleza que ten a nosa costa.



Excavaciones- Demoliciones- Muros de Piedra- Transporte de Maquinaria , Trav. Meloxo, 9 36980 O Grove- Telf: 986 730 356 – 670 502 379 www.transchapi.com
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026 www.talleresperauto.com
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Administración de comunidades- Asesoría fiscal, laboral y contable, Alcalde Xacobe Barral Otero, 5 Ptal. 3 1º A- O Grove- Telf: 986 735 130
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es