Logo de la empresa

Luces e sombras do Hospital do Salnés

Redacción revista eSmás | Revista eSmás Vilagarcía Nº 23

Foi creado para dar cobertura ás veciñanzas de Vilagarcía, Vilanova, Cambados, Ribadumia, A Illa de Arousa e Catoira
Luces e sombras do Hospital do Salnés

Comezo do Hospital do Salnés

O Hospital do Salnés abriu as súas portas un 17 de xaneiro de 2001 para dar cobertura ás veciñanzas de Vilagarcía, Vilanova, Cambados, Ribadumia, A Illa de Arousa e Catoira. Repasamos neste artigo algúns dos fitos da súa historia, con todas as melloras levadas a cabo pola Xunta, pero tamén dándolle voz ás reclamacións que o seu persoal demanda para que a súa situación laboral deixe de ser, ás veces, insostible. 

Contar cun hospital no Salnés non foi unha tarefa doada, e foi o obxecto das reclamacións das plataformas veciñais da zona, que vían necesario que o Salnés contase cun centro propio para non ter que se desprazar ata Pontevedra ou o de Barbanza, aberto en 1998. Non descansaron na súa loita e, o 16 de decembro de 1999, un Decreto establecía o modelo de xestión e administración do futuro Hospital do Salnés, a través dunha fundación pública, a Hospital Comarcal do Salnés desaparecida en 2008.

 

Panorámica Hospital de OSalnés

Pouco máis dun ano despois o expresidente Manuel Fraga inauguraba o Hospital do Salnés, pero o primeiro persoal sanitario xa levaba semanas deixando todo listo para a súa apertura, chegando a colaborar nas tarefas de transporte de material e mobiliario. Aquela vella reivindicación tiña que ser solucionada canto antes para poder cobertura ás preto de 70.000 persoas que vivían nos concellos aos que abrangue, e que hoxe en día xa suman máis de 75.000.

Inicialmente atopábase no lugar de Estromil, en Vilagarcía, e lindando con Vilanova de Arousa. Hoxe en día o complexo conta con parcelas en ambos os dous concellos, con máis de 16.600 m2 no primeiro e máis de 4.600 m2 no segundo: un total de 20.725 m2, con 14.600 de zona construída (contando aparcadoiros e viarios) e máis de 6.000 para zonas verdes. Ten dous estanques interiores, un para almacenar auga para a rede da rega, e outro para rede contra incendios, así como dous alxibes de auga potable.

O edificio estrutúrase en tres bloques: os laterais, con dúas plantas e cubertas, e un central destinado á súa ampliación para contar cunha planta máis. Así pasou de 80 camas ás 121 actuais. Estes non son os únicos recursos que aumentaron desde a súa apertura, xa que ademais, na zona de urxencias, conta con 10 boxes para o diagnóstico e tratamento (dos 8 iniciais), 2 boxes pediátricos (en 2001 non tiña ningún), 2 boxes de asistencia vital, 2 de triaxe (nos dous casos, tiña 1 en 2001), 14 postos de observación e 2 pediátricos (naceu con 6 e ningún, respectivamente)… No caso de área cirúrxica, conta con 5 quirófanos, dous máis que os que tiña en 2001, así como unha sala especial CIR, 9 camas de espertar (das 6 iniciais) máis 2 de illamento, 9 postos de CMA (6 en 2001) ou 10 postos de Hospital de día.

 

Desde 2010 o hospital aumentou tamén o seu espazo físico e inaugurou a súa terceira planta, que precisou un investimento de preto de 1,9 millón de euros. Entre 2008 e 2017 o Sergas dedicoulle ao complexo 11,5 millóns de euros.

 

Ese aumento de recursos tamén se viu reflectido no persoal, e desde 2001 a 2018 pasou de contar con 23 persoal facultativo a 87, o persoal sanitario non facultativo medrou de 67 a 207 e, en canto a persoal non sanitario, 54 persoas fronte ás 16 de 2001. O único apartado no que aconteceu o contrario foi o persoal directivo, pasando de 4 persoas a 3. Sumando estes números, dános un total de 351 persoas traballan habitualmente na actualidade no Hospital do Salnés, que desde este ano pertence á nova Área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, cun distrito sanitario para cada unha delas.

 

Ampliación de Salnés     Fachada Hospital de O Salnés

Desde 2010 o hospital aumentou tamén o seu espazo físico e inaugurou a súa terceira planta, que precisou un investimento de preto de 1,9 millón de euros. Entre 2008 e 2017 o Sergas dedicoulle ao complexo 11,5 millóns de euros co obxectivo, sinalan, de converter o Hospital do Salnés nunha referencia para a cidadanía e para ser un sinónimo de instalacións perfectamente equipadas e atendidas por profesionais de alta calidade.

Neste sentido, nos últimos anos creáronse no Hospital unidades ampliadas e renovadas, acordes á demanda da poboación: Urxencias, Quirófano, área Obstétrica, Espertar e Unidade de CMA, ademais do Hospital de día. Duplicáronse e triplicáronse os espazos físicos de todos os servizos, acompañándoo de innovación tecnolóxicas e materiais de última xeración e tamén a dotación de recursos humanos.

O hospital actualmente mudou moito o seu aspecto con respecto ao que tiña en 2001. Conta con atención en 10 boxes individuais para adultos e 2 pediátricos para diagnose e tratamento, 2 boxes de críticos, 2 boxes de adultos e 1 pediátrico de triaxe, ou 14 postos para adultos e 2 pediátricos de observación. Espazos con luz natural e que, segundo o que indica o Sergas, ten un dos mellores servizos de urxencias de Galicia. Na área cirúrxica, ademais do deseño, as melloras tiveron en conta o confort e a seguridade dos pacientes e do persoal, xa que se mudaron tamén as áreas de traballo. Pero tamén se avanzou co Hospital de día ou coa área obstétrica, que foi premiada polo Ministerio de sanidade pola elaboración de protocolos, guías e métodos de traballo baseados en boas prácticas clínicas.

Tralo esforzo inversor en espazos, equipamento e consolidación do persoal, o Sergas xa traballa en diferentes liñas. A primeira, a de potenciar a relación entre atención primaria e hospitalaria, protocolizar a derivación de pacientes ao hospital desde a atención primaria, e un maior desenvolvemento da e-consulta. Así, busca unha maior relación do persoal, poder resolver os problemas dos pacientes sen desprazamento ao hospital ou priorizar o acceso a consultas externas do hospital en función da situación dos pacientes.

Tamén persegue potenciar a relación co Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra para facilitar que se trasladen os profesionais no canto dos pacientes, xa que axudaría a resolver incidencias puntuais por ausencia de profesionais nos centros.

Paritorio del Hospital de O SalnesA terceira liña sería a creación de comités clínicos nos que participen profesionais de Pontevedra e O Salnés simultaneamente, que compartan problemas e busquen solucións que se poidan aplicar no conxunto da Área Sanitaria. Trabállase para pór en marcha un protocolo de traslados intercentros ou potenciar a coordinación con Atención Primaria e demais servizos unha vez que se ampliou a cobertura da Hospitalización a Domicilio e tamén o desenvolvemento tecnolóxico (que permite traballar en rede desde o domicilio con tablets). Tamén se elaborou un plan de continxencia fronte á gripe no que traballou persoal de diversos servizos, puxéronse en marcha os servizos de Urxencias, o aplicativo SIGUR para permitir un maior control dos tempos dos pacientes en urxencias e axilizar a xestión do servizo e a relación que este ten cos demais servizos do hospital (centrais e de hospitalización) e o programa informático “Silicon” que serve de ligazón entre persoal médico, de enfermaría e farmacéutico para evitar o papel na prescrición e administración de fármacos dentro dos hospitais.

Ademais, o Hospital quere volver pertencer á rede de centros con certificado iHan (Iniciativa para a Humanización da Asistencia ao Nacemento e á lactancia) para poder elaborar un ambicioso proxecto no que pais e nais estean especialmente involucrados. Tamén buscará potenciar o servizo de radiodiagnóstico con novas dotacións de persoal.

 

As Sombras do Hospital do Salnés

Pero mentres que o Sergas presume dos seus investimentos e de ter ampliado o centro cunha terceira planta, non sería ouro todo o que reluce xa que esta permanece a lo menos catro meses ao ano pechada, o que fai que se acumulen os pacientes en Urxencias e mesmo que se poida vivir certo caos nas outras dúas plantas. Isto é o que denuncia o persoal de enfermaría do Hospital do Salnés, en boa medida eventual, que asegura ter que facer fronte a unha carga aumentada respecto á habitual e que o servizo de urxencias acumula pacientes que non poden derivar por ausencia de camas dispoñibles.

Aseguran que a primeira planta ten habilitadas 45 camas, pero cunha soa dotación de enfermaría para 33, con tres persoas en quenda de mañá, dúas de tarde e dúas de noite, o que equivalería a servizos mínimos. O persoal tería que atender todas as especialidades cirúrxicas, obstetricia, pediatría e a zona especial de neonatos no que se atenden cativos en situación crítica. Isto provoca, aseguran, paralizar o resto do traballo da planta ante a ausencia de reforzos puntuais.

O persoal do hospital denuncia que a carga de traballo dos últimos meses é “brutal”, pasando visita todos os días e recibindo ingresos a calquera hora do día, e acentuada polo tipo de pacientes que reciben. Aseguran que desde á dirección do hospital só lle interesa o número de camas ocupadas, no canto de ver o tipo de pacientes ou patoloxías que se reciben, e que se non se chega a un número de ocupación non envían reforzos.

 

Denuncian que todos os días ingresan unha media de entre 7 e 12 pacientes e pelexan por obter os reforzos xa que, a eses ingresos, súmanselle os pacientes que xa están ingresados.

 

Explícano cun exemplo: se a quenda de mañá comeza con 33 pacientes e a media xornada se lle dá a alta a 11, quedan 22 pacientes ingresados, pero antes de que remate a quenda pode haber xa 6-7 ingresos en espera (“camas quentes”) entre pacientes que saen dos quirófanos e ingresos programados e, a maiores, o que poida xurdir. “Pero a dirección unicamente ve que ás 15:00 horas hai 22 pacientes, e pola tarde só temos dúas persoas de enfermería”, din. Ademais disto, denuncian que nos números de ocupación non se teñan en conta os bebés como pacientes, de xeito que as únicas que contabilizan son as nais, “xa que os bebés non ocupan camas” malia a requirir dun elevado número de coidados recollidos en protocolos elaborados en consenso coa dirección.

El Hospital de O Salnés está saturado   Paritorio de O Salnés

Denuncian que todos os días ingresan unha media de entre 7 e 12 pacientes e pelexan por obter os reforzos xa que, a eses ingresos, súmanselle os pacientes que xa están ingresados. “Os reforzos realízanse de forma puntual e en determinadas quendas, sen ter que conta que ao que ingresa súmaselle o que xa está nas quendas de tarde e de noite: neles, a carga de traballo multiplícase polo reparto de medicación ás persoas que veñen de ser operadas”, afirman.

A estes problemas, aseguran, engádeselle a falta dunha figura que supervise de corpo presente a enfermaría de garda polas tardes e as fines de semana, o que supón que o propio persoal teña que se facer cargo dos problemas que xorden na planta: os relativos a medicación, material, administración, traslado de pacientes doutra planta e tamén asumir desprazarse ao TAC. Isto supón que “estamos asumindo unha responsabilidade da cal a dirección fai caso omiso e que non estamos dispostos a asumir”, e que unido ao resto das súas denuncias provocan “que esteamos traballando ao límite da seguridade dos nosos pacientes”.

A eventualidade do persoal, e especialmente as condicións da súa eventualidade, é o segundo foco das críticas. Consideran que a súa situación “é moi destacable porque, sendo empregados públicos, teñen condicións peores que en calquera empresa privada”. Denuncian que a súa dispoñibilidade é absoluta, tendo que estar pendentes todos os días do ano e as 24 horas do día “a cambio de nada, porque hai persoas que si traballan os 30 días do mes, pero hai outras que só traballan un pero teñen que estar o resto esperando a que as chamen ofrecéndolles un contrato”. Eses contratos, ademais, “na maioría dos casos serán de un, dous ou tres días, e case seguro que sen días libres”.

 

"Estamos traballando ao límite da seguridade dos nosos pacientes"

 

Esta situación tan particular ten unha explicación sinxela: “como esas persoas son dadas de alta e de baixa no mesmo día, en moitos casos, ao haber un cambio de contrato non se xera o dereito a desfrutar de días libres”, e pódese chegar ao extremo de que unha persoa traballe o mes completo pero con 30 contratos diferentes, en consecuencia sen un só día de descanso. A consecuencia disto é, aseguran, que haxa moitas persoas que miren cara a outros territorios en busca de mellores condicións laborais. Este “éxodo” de traballadores profesionais provoca outras situacións singulares como que haxa “pelexas” entre áreas para facerse co persoal. “Hai persoal da área do Salnés que se despraza a traballar a áreas limítrofes, o que significa que teñan que vir profesionais doutras áreas para cubrir ás persoas que marcharon da nosa”. Resumen a súa situación en tres palabras: “ver para crer”.


Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top