Alberto Martínez Gago | revista eSmás O Salnés Nº10 Otoño 2019
O patrimonio arqueolóxico que visitamos neste artículo atópase na parroquia de Busto, en Meis. Documéntase unha pequena necrópole formada por dos mámoas, aínda que unha delas non fomos capaces de atopala.
Continuamos a nosa viaxe arqueolóxica pola comarca do Salnés e, neste caso, imos visitar a Mámoa de Casiña da Moura, que se atopa na parroquia de O Busto, no concello de Meis. Aquí documéntase unha pequena necrópole formada por dos mámoas, aínda que unha delas non fomos capaces de atopala. Presenta unhas dimensións duns 19 m. aproximadamente de diámetro por case 1 m. de altura. Documéntanse un cámara poligonal con ao menos 6 ortostatos de granito (pedra de grandes dimensións) ou laxas a vista, ademais dun posible corredor ao sueste, polo que podería corresponderse a unha segunda fase do fenómeno tumular, no cal enterraban aos defuntos en este tipo de túmulo.
A masa tumular está bastante alterada e presenta un gran cono de violación duns 5 metros de diámetro. En certas zoas sobre a masa tumular documentamos tamén algunhas pequenas pedras graníticas que poderían formar parte da coraza. Hoxe en día destaca sobre a paisaxe xa que cortaron a masa forestal do seu contorno.

Que é unha mámoa?. Unha mámoa é unha tumba da cultura megalítica ou do denominado fenómeno tumular en Galicia. O máis característico desta cultura era a construción de grandes monumentos con pedras, coma as mámoas, os círculos líticos ou cromlechs, ou os henges. As máis numerosas son as que denominamos mámoas, medorras, medoñas ou antas (dólmenes en castelán). O fenómeno tumular abarcaría aproximadamente entre o VI e o II milenio A.C., dende o Neolítico ata Idade do Bronce.
Estas construcións realizáronas os primeiros grandes campesiños de Galicia, que aos poucos deixaron de ser nómades para asentarse en certas zonas, temporalmente ao principio, e que a diferenza dos seus poboados feitos con materiais febles, destacan estas tumbas realizadas con grandes ortostatos (pedras).
Na maioría dos casos eran tumbas colectivas (tamén documéntanse tumbas individuais) formando pequenas necrópoles nas que as pequenas tribos de 20-30 individuos enterraban aos seus defuntos. Situábanse normalmente nas cimas das serras de superficies planas (como no alto do Barbanza) ou en chairas situadas a media altura, como neste caso, desde onde se obtén un dominio visual moi amplo do entorno.

Distinguiremos 3 tipos ou estilos de tumbas (mámoas): de cámara sinxela, de corredor e de foxa ou cista. Aparentemente, neste caso estariamos diante dunha tumba de corredor. Enterrábanos no medio dunha cámara poligonal con un corredor formado por laxas mais pequenas polo cal se accedía a cámara. Despois cubríase toda a estrutura con terra sobre a que se colocaban as veces pedras de pequenas dimensións a modo de coraza dando a aparencia de pequenas montañas ou túmulos, cunha forma circular ou ovalada. En ocasións un círculo lítico pechaba e rodeaba todo o túmulo, aínda que aquí non o atopamos.
Hoxe en día soen presentar unha aparencia algo diferente, xa que as cámaras están derrubadas ou faltan os ortostatos, mentres que outros presentan grandes conos de espoliación no túmulo, coma neste caso, froito quizais da procura dos famosos tesouros dos mouros.

Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Foto Estudio especializado en sesiones fotográficas, reportajes de todo tipo de eventos, grabación y montaje de videos, impresión en distintos materiales, venta de álbumes y marcos. - Rúa Galicia, 2 - Dena. - Tlf: 625019800. - E-mail: fotoestudopb@hotmail.com. - Foto Estudo
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 www.canedaychamosa.com/
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/