Redacción revista eSmás | Revista eSmás edición O Salnes Nº 6
A lenda conta que na zona do Monte Lobeira ata San Cibrán hai unha cadea de ouro que vale sete reinos
Os castros son un dos elementos históricos máis recoñecidos e interesantes da xeografía galega. Apelan a unha sociedade e a unha cultura pasadas, das que cada vez coñecemos máis detalles pero que moitos deles se nos seguen escapando, e probablemente nunca chegarán a nós.
Por esta razón, non é de estrañar que arredor deles xurdan historias e ata lendas, como a que alberga o monte de San Cibrán, en Meaño, que mesmo houbo quen se empeñou en desenterrar (literalmente) para comprobar se era certa. Trátase da lenda da “trabe de ouro” de San Cibrán. A “trabe”, tamén coñecida como “viga”, non sería outra cousa que unha cadea soterrada baixo a terra elaborada en ouro, e que tiña a finalidade de unir castros ou outros lugares emblemáticos.
Existe na zona un dito que di que desde Monte Lobeira –Vilanova de Arousa– ata San Cibrán, pasando polo monte dos Aforcados, hai unha cadea de ouro que vale sete reinados. Este día aínda a día de hoxe segue a estar presente entre os anciáns da zona cando lembran as historias sobre o monte que se ían transmitindo oralmente de xeración en xeración. Esta cadea á que fai mención o dito sería unha versión local do mito da trabe, moi característico dos castros do noroeste peninsular.
Do que si temos certeza é de que nos anos 30 houbo un veciño do barrio da Igrexa que puxo todo o seu empeño en comprobar se se trataba dunha lenda ou dunha realidade. Enrique Abal (que así se chamaba) era un home coñecido pola súa ideoloxía de esquerdas, e foi quen de dar convencido a varios dos seus veciños para subir ao monte de San Cibrán e cavar unha parte do mesmo na procura do tesouro. Malia ao esforzo, non obtiveron os resultados que agardaban. Estiveron a iso algunha que outra xornada, pero a cadea de ouro seguiu sen aparecer ante os seus ollos. Hai quen aseguran que o propio Abal atopou un alfinete de ouro baixo a terra, pero non se lle dá moita veracidade. É máis, a xente da zona mesmo di que, se é certo que iso pasou, foi en realidade unha estratexia do esquerdista para animar ao resto a que seguisen cavando durante os días seguintes. Por certo: non funcionou.
Será que a “viga de ouro” que chegaba de San Cibrán a Monte Lobeira nunca existiu ou é que ese grupo de homes non escolleron ben a zona onde escavar? Dificilmente poderemos respondelo, pero a dúbida quedará connosco para sempre.

Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
AFYT - Asesoría, consultoría y gestoría con 40 años de experiencia en el sector - Rúa Arzobispo Lago, 17, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra- Tlf: 986 51 15 42. - www.afytasesores.com/
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Graduado en Podología - Máster en Podología Deportiva - Clínica DentalJaneiro Calle Valle-Inclán, 4 bajo - Barrantes - Ribadumia - http://www.facebook.com/Podología-Isidoro-Buceta-1416270455337178/
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es