Aitana Iglesias | Revista eSmás Vilagarcía Nº 23
A lenda di que urco de Cortegada cruzaba a nado a ría cada vez que algo funesto acontecía para atemorizar aos carrilexos
Ben coñecido por todos, a illa de Cortegada non sempre estivo deshabitada. A principios do século XX, non tan lonxe dos nosos días, todavía moraban nela os seus colonos. Con preto da vintena de veciños e sesenta propietarios de terras, Cortegada erixíase á entrada da ría de Arousa coma un tesouro de valor incalculable. Por este motivo, en 1907 os veciños de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía decidiron mercala como agasallo para o rei, tras unha reunión encabezada polo señor Poyán. Deste xeito, cada colono recibiu un solar con vivenda en terras carrilexas e a parte correspondente ás 252.248,60 pesetas que os veciños desembolsaron como pagamento polo abandono do fogar cortegadés. A pesares do grande valor do presente recibido, Afonso XIII endexamais amosou interese en tal territorio, de forma que a maleza e as alimañas comezaron a se apoderar da illa.
Entre a multitude de herbas e bestas que xurdiron atopábase o Urco. Con dentes afiados e mirada feroz, dicíase que a visita deste enorme can negro traía consigo malas novas. Así, o Urco cruzaba a nado a ría de Arousa cada vez que algo funesto acontecía, de modo que todos os habitantes de Carril temían a súa presenza. Malia que a súa aparición non era frecuente, delatábase polo seu inconfundible alarido, tan lastimoso que resultaba quen de xear o sangue da máis osada persoa. Porén, os carrilexos só podían recluirse nas súas casas agardando a que o Urco non se detivese nelas xa que, no caso contrario, unha desgraza estaría a punto de lles ocorrer. Con todo, o pavor aumentaba os invernais días de tormenta, facendo que todo veciño evitase pasar polo canellón de Peletres. Coñecido coma o “canellón do Urco”, trátase dun paso que une a rúa Aduana coa Alameda, no cal o vento batía xerando un son aterrador que, a propósito da lenda, non era máis que o ruxido desta criatura.
Cal se fose o Coco, tamén os nenos se amedrentaban só de imaxinar a este cuadrúpedo ao seu carón. Tanto é así que, para os meniños da vila, a melodía “que vén o Coco e te comerá” resultaba armoniosa en comparación co “que vai vir o Urco”. Pronunciado por nais e pais cando o comportamento dos máis pequenos non era axeitado, o Urco convertiuse co paso do tempo nunha figura terrorífica que moraba de xeito permanente na memoria da poboación da vila mariñeira.
Aínda que o seu hábitat circunscribíase á illa de Cortegada, tal foi a importancia deste animal que a fábula do Urco chegou mesmo ata terras pontevedresas. Así, o seu posible nado polo río Lérez espantaba a todo veciño sen importar a súa idade. Nenos, adultos e maiores tiñan grabada a imaxe deste enxendro que, segundo contan os nosos antecesores, era quen de tragar dunha soa dentada vinte sacos de moedas coa mesma facilidade coa que un burro engule dous grans de cebada.
Mito ou realidade, a existencia do Urco transmitiuse de xeración en xeración ata os tempos actuais. Deste xeito, dise que o Urco surca as ribeiras dos ríos na procura de lugares nos que agocharse. Por esta razón, aínda hai quen teme atopalo entre alguna rocha ou achegándose a nado deica algunha beira.

Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - www.mapfre.com
Servicio de autocares con amplia trayectoria en el sector. Rúa Patiño, 19 - P.Ind. Trabanca - Vilagarcía. Telf: 986 50 10 27 E-mail:empresa@pereirasl.com www.pereirasl.com
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com
Jaema- Nuestro mejor deseo sois VOSOTROS. Haciéndote sentir seguro desde 1990. Este 2025 cumplimos 35 años a tu servicio. - Juan Carlos I nº20, Local 1, Vilagarcía. - Telf: 986 510 244. - www.jaemasl.com
Tren Turístico Vilagarcía de Arousa. C/Sta Eulalia nº8, Vilagarcía de Arousa. Telf: 609 881 663- Email: info@trenturisticovilagarcia.com www.trenturisticovilagarcia.com
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Estamos especializados en arroces, carnes y pescados. Ofrecemos a nuestros clientes opciones sin gluten. Dr: Pza. Martín Gómez Abal, 2, Vilagarcía de Arousa- Telf: 886 306 951| 610 445 363- Email: tantrarest@gmail.com Reserva online
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comwww.canedaychamosa.com
Huevos estrellados, hamburguesas, para picotear, sandwiches, ensaladas, crepes, carnes, tostas y woks. Dr: Valentín Viqueira, 3 - 36600 - Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 830 450- Email: eltrastero10818@gmail.com
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web