Aitana Iglesias Márquez | revista eSmás Vilagarcía Nº29 Verano 2020
O trisquel simboliza a unión entre os elementos fundamentais da vida: auga, terra e lume.
Propia da gastronomía galega, a queimada é unha bebida alcohólica a base de augardente, azucre e mondas de limón ou laranxa herdada da tradición castrexa. Evidenciada polos numerosos petroglifos esparexados pola comunidade, os celtas deixáronnos tamén outras moitas manifestacións en empréstito. Entre elas, o trisquel simboliza a unión entre os elementos fundamentais da vida: auga, terra e lume.
Relacionado de xeito directo con esta máxica bebida, o augardente representa a auga. En referencia á terra, atopamos a queimadeira ou pota de barro na que se mesturan os ingredientes. En terceira posición, o lume proporciona a calor necesaria para a cocción da receita.
Para comezar, vértense 150 gramos de azucre nun litro de augardente. Seguidamente, engádense as mondas frutais e, nalgúns casos, grans de café ou anacos de mazá ou uva. Unha vez todos os ingredientes están mesturados, préndeselle lume e remóvese ata que o azucre se consuma, indicativo da evaporación do alcohol. Así, a queimada está lista cando as chamas comezan a apagarse polo centro, permanecendo aínda no borde.
Con todo, a preparación desta bebida concíbese coma un método infalible para espantar ás meigas e malos espíritos, de modo que o seu consumo purifica a alma e atrae a boa fortuna. Tamén, hai quen atribúe propiedades curativas a esta bebida, especialmente contra os arrefriados e catarreiras. Sendo o máis axeitado a súa preparación nocturna e en grupo, é típica de festas, reunións familiares e de amigos ou de calquera outra clase de celebración. Coma parte da tradición, será un dos integrantes o encargado de servila ao resto ao tempo que pronuncia o conxuro:
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas;
demos, trasnos e diaños;
espíritos das neboadas veigas,
corvos, pintegas e meigas;
rabo ergueito de gato negro
e todos os feitizos das menciñeiras...
Podres cañotas furadas,
fogar de vermes e alimañas,
lume da Santa Compaña,
mal de ollo, negros meigallos;
cheiro dos mortos, tronos e raios;
fuciño de sátiro e pé de coello;
ladrar de raposo, rabiño de martuxa,
oubeo de can, pregoeiro da morte...
Pecadora lingua de mala muller
casada cun home vello;
Averno de Satán e Belcebú,
lume de cadáveres ardentes,
lumes fatuos da noite de San Silvestre,
corpos mutilados dos indecentes,
e peidos dos infernais cus...
Bruar da mar embravecida,
agoiro de naufraxios,
barriga machorra de muller ceibe,
miañar de gatos que andan á xaneira,
guedella porca de cabra mal parida
e cornos retortos de castrón...
Con este cazo
levantarei as chamas deste lume
que se asemella ao do inferno
e as meigas ficarán purificadas
de tódalas súas maldades.
Algunhas fuxirán
a cabalo das súas escobas
para iren se asulagar
no mar de Fisterra.
Ouvide! Escoitade estos ruxidos...!
Son as bruxas que están a purificarse
nestas chamas espiritosas...
E cando este gorentoso brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
tamen todos nós quedaremos libres
dos males da nosa alma
e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume!
a vós fago esta chamada:
se é verdade que tendes máis poder
ca humana xente,
limpade de maldades a nosa terra
e facede que aquí e agora
os espiritos dos amigos ausentes
compartan con nós esta queimada.
Jaema- Nuestro mejor deseo sois VOSOTROS. Haciéndote sentir seguro desde 1990. Este 2025 cumplimos 35 años a tu servicio. - Juan Carlos I nº20, Local 1, Vilagarcía. - Telf: 986 510 244. - www.jaemasl.com
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com
Tren Turístico Vilagarcía de Arousa. C/Sta Eulalia nº8, Vilagarcía de Arousa. Telf: 609 881 663- Email: info@trenturisticovilagarcia.com www.trenturisticovilagarcia.com
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20 www.maderasredondo.com
Pza. Juan XXIII, 1 Vilagarcía de Arousa Telf.: 986 504 860- mail: info@ofimaticaarosa.com www.ofimaticaarosa.com
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026 www.talleresperauto.com
Nattex, a túa tenda especializada en descanso. Alejandro Cerecedo nº6, Vilagarcía. Telf: 986 503 260 www.nattexdescanso.es
Audicost Audifonos Vilagarcía. Rúa Baldosa, 17, Vilagarcía. Telf: 986 18 64 73 www.audicostaudifonos.com
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Diseño Web y Tiendas Virtuales- Comunicación- Creación de Marca- Gestión de Redes Sociales- Audiovisual y Vídeo Aéreo- Posicionamiento en Google, Avenida de la Marina, 122 bajo- Telf:986 50 82 72 Visita nuestra web