Aitana Iglesias | revista eSmás Vilagarcía Nº30 - Otoño 2020
Presentes nas casas dos nosos avós, os hórreos son edificacións plenamente galegas xurdidas no século XV.
Presentes nas casa dos nosos avós, os hórreos son edificacións plenamente galegas xurdidas no século XV. Malia os seus múltiples e variados usos actuais, a súa función asociouse en orixe á necesidade de secar e almacenar os cereais a resgardo da humidade e dos animais. Aínda que destinados a conter principalmente millo, por constituir o pan a base de alimentación na Idade Media, tamén se empregaban para a conservación de carne e, no canto de ser preciso, coma dormitorio.
O estudo etimolóxico do seu nome rediríxenos ao latín horreum. Non obstante, a súa denominación muda segundo o territorio no que nos atopemos. Se ben no centro-norte da comunidade son hórreo ou hórrio as expresións máis aceptadas, existen outras rexións que se decantan por opcións tales como cabazo (noroeste da Coruña), cabozo (norte de Lugo), canastro (zona sur), cabaceiro (Ourense), canizo (entre Vigo e o Miño), paneira (no Morrazo) e, a que máis nos interesa por ser propia do Salnés, piorno.
En referencia á súa composición, a cámara, permeable ao aire pero resgardando da chuvia, aséntase sobre un elemento de sustentación. De non tratarse dunha base maciza ou pechada, as columnas ou muros transversais son os soportes máis comúns. Coma medio de acceso, unha escaleira fixa ou móvil, un banco de madeira ou unha pasarela son algunhas das opcións. Aínda que sen utilidade práctica, elementos ornamentais e simbólicos coma cruces, capiados, gardaventos, remates piramidais ou pináculos encárganse de adornar o exterior da construción.
Coma particularidades, a súa construción inicial con vexetais evolucionou deica a utilización de madeira ou pedra. Ubicados segundo o espazo dispoñible na eira e non en relación coa plantación, a necesidade de situalos preto da casa condiciona o seu levantamento nas localizacións máis sorprendentes: sobre muros, portalóns de entrada, camiños ou agrupados en terreos comunais.
Tipolóxicamente, o hórrreo galego conta con tres variantes. Por un lado, os hórreos en esquina contan cunha planta en L, unha proposta singular coma solución á estreitez do terreo. No canto de contar con espazo suficiente, as hórreas son alternativas de maior tamaño que permitían o almacenamento rentas en especie ou aumentos da produción da colleita. Doutra banda, o acoplamento dunha segunda altura adicada á cria de palomas constitúe o principal atributo dos hórreos combinados.
En canto á súa situación legal, a lei 8/1995 do 30 de outubro de Patrimonio Cultural de Galicia cedeu á administración galega a competencia sobre estas edificacións, prevendo a inclusión dos 30.000 hórreos da comunidade nun Inventario Xeral de elementos de interese arqueolóxico, arquitectónico, relixioso e etnográfico aínda sen concebir. Pese a isto, esteblecéronse unha serie de pautas legais para garantizar a conservación a súa conservación. Aplicables aos recoñecidos coma Bens de Interese Cultural (aqueles con data de construción anterior a 1901), tanto a pintura coma a súa cor deben ser idénticas ás predominantes na zona, empregando só esmaltes ou vernices de poro aberto. No caso de hórreos de madeira, a súa limpeza ha de realizarse cun cepillo de arame, optando por un de cerdas vexetais se se trata de pedra. Para evitar o nacemento de vexetación ou danos de índole animal, poderán empregarse herbicidas ou insecticidas cuxa composición non dane o material de construción.
Aínda que os de Combarro son os máis sonados da provincia, consérvanse tamén famosos hórreos no Salnés. Entre eles, o da Xunqueira de Vilagarcía ou o da Alameda de Cambados constitúen as xoias máis prezadas do patrimonio arquitectónico da comarca.
Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Profesionales de la mecánica general, chapa y pintura. C/ García Hermo nº2, Vilagarcía. Telf: 986 511 340 | 658 848 670 | 622 586 026 www.talleresperauto.com
Taller de joyería y relojería, venta y reparación. Dr: Edelmiro Trillo, 19, Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 512 016 www.joyareloj.es
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Panificadora Victor Cordo, desde 1980. Castor Sánchez, 1 - Vilagarcía. Telf: 986 50 15 39
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Peluquería unisex, servicio de lavado, color, corte, peinado, alisado, permanente. Dr: Plaza Juan XXII, 2 - Local 10- Vilagarcía de arousa - Telf.: 626 456 011- 886 309 829- Email: angeles.maria@yahoo.es Síguenos en Facebook
Consultas, Cirugía, Hospitalización, Radiografía, Análisis. Otero Pedraio nº7, Vilagarcía. Telf: 986 18 56 39 - 659 19 50 91 E-mail:info@cvosdurans.com - www.cvosdurans.com
Escuela infantil de 0 a 3 años, servicio de comedor, inmersión lingüística en inglés, equipo psicopedagógico, etc. Dr: Av. Cambados, 105- Vilagarcía de Arousa Telf: 886 30 35 78- 656 985 449- Email: estrellasamarelas@gmail.com