Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº 2
Continuamos a nosa viaxe arqueolóxica pola comarca do Salnés e, neste caso, imos visitar o Castro de Besomaño ou Monte do Castro, no concello de Ribadumia,
Continuamos a nosa viaxe arqueolóxica pola comarca do Salnés e, neste caso, imos visitar o Castro de Besomaño ou Monte do Castro, no concello de Ribadumia, atópase entre as parroquias de Leiro e Besomaño.
Asentado nun pequeno outeiro no que acada un dominio visual moi amplo sobre o val, presenta unha planta elíptica irregular cunhas dimensións medias. Debido ás diferentes intervencións arqueolóxicas que se levaron a cabo nos últimos anos, sabemos que este castro estivo ocupado entre os séculos IV a.C. e o I d.C., momento no que foi destruído posiblemente pola acción do lume.
Actualmente presenta algunha zona xa posta en valor con diversas estruturas, tanto vivendas como almacéns e obradoiros, así coma outras en espera de que o Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra finalicen os traballos resultantes dun protocolo de colaboración entre as dúas institucións. Documéntase tamén unha muralla que rodea case todo o perímetro do castro, cunha posible entrada ao norte-nordeste, así coma un parapeto.
Froito das diversas actuacións arqueolóxicas atopouse unha cantidade moi importante de diverso material (cerámicas, líticos, bronces, ferros e vidros), entre o que resaltan un caldeiro de bronce, unha fibela decorada con dous leóns, unha dolabra (ferramenta-arma romana) ou un ídolo ou guerreiro lítico, expostos xa no Museo de Pontevedra.
¿Que é un castro? Un castro é un poboado fortificado, o elemento máis característico da cultura castrexa orixinal da Idade do Bronce. Desenvolveuse fundamentalmente na Idade do Ferro e rematou na época da romanización, entre os séculos IX a.C. e I-II d.C. O seu ámbito xeográfico enmárcase no noroeste peninsular: Galicia, norte de Portugal e occidente de Asturias, León e Zamora.
Normalmente carece dunha urbanización propiamente dita (ata a romanización nalgúns casos) como á que estamos acostumados hoxe en día. O espazo estaría formado por dous recintos: a croa, onde se sitúan ás veces as estruturas de carácter “burocrático”, de reunión, de toma de decisións, e as diversas terrazas onde se sitúan as casas, as unidades domésticas. Estas, de planta circular, organízanse en torno a un patio común que pode estar formado por diferentes construcións: vivendas, almacéns ou obradoiros.
Nos seus inicios as casas estaban feitas de madeira, palla e barro e, despois, de cachotería de granito ou lousa e cubertas cun teito de palla, cun poste central sustentando un armazón de madeira. As paredes normalmente estaban lucidas no seu interior para protexelas da humidade. O piso adoitaba ser de xabre e nas vivendas dispúñase unha lareira delimitada con pedras para cociñar e quecerse (como as que se atopan neste castro).
En canto aos seus elementos defensivos, a propia elección do emprazamento xa de por si acostuma a ter un carácter defensivo. Neste caso, un pequeno outeiro serviría a tal fin. Isto xunto a construcións de murallas e parapetos defensivos, converten a estes poboados en auténticas fortificacións.

Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Serga - Servicios Inmobiliarios. Ourense, 18 Bajo - 36960 - Sanxenxo (Pontevedra) - 986690492 - www.serga.es
Colegiado 4432 Plaza de Galicia, 19 - 5º 36001 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Telf: 986 509006 Mvl: 670517181 https://www.facebook.com/jorge.jimenezabalo/
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Reale Vilanova (Concepción Arenal) - T: 986 555 944 - Concepción Arenal, 2 Entlo B - 36620 - Vilanova de Arousa (Pontevedra) www.reale.es
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Telf: 900 333 666 - https://www.xunta.gal/portada
Donde se encuentran buena comida y buenas bebidas. Vilanova: Club de Tenis Rial - Vilagarcía: Ruá Mendez Nuñez, 46 - Telf: 986 172 938 - www.ayahuascaloungebar.my.canva.site