Redacción revista eSmás | Revista eSmás Vilagarcía Nº 19
Enmarcada en pleno corazón da Ría de Arousa a vida económica e social de Vilaxoán
Enmarcada en pleno corazón da Ría de Arousa a vida económica e social de Vilaxoán sempre xirou, e xira, arredor do mar. Nin os recheos executados ao longo das últimas décadas, que afectaron en gran medida ao seu aspecto orixinario, fixeron que este pequeno enclave vilagarcián perdese a esencia de vila mariñeira caracterizada polo seu forte sabor a salitre.
O certo é que o forte apego de Vilaxoán ao mar non pode entenderse só dende o punto de vista da pesca e do marisqueo máis artesanal e tradicional. A súa historia de burgo mariñeiro está vencellada dende o século XIX á actividade dos empresarios cataláns que investiron e introduciron novas artes e que modernizaron e potenciaron a industria conserveira na zona. Aínda que a primeira fábrica foi a de Goday, na Illa de Arousa, a moda extenderíase moi pronto a Vilaxoán en donde a día de hoxe perduran os vestixios dun sector moi en auxe en tempos pasados.
Do que si poden presumir os vilaxoaneses é de que a súa foi a localidade elixida para fondear a primeira batea de mexillóns, concretamente no ano 1945, a primeira das máis de 2.000 plataformas de bivalvos que agora poden verse en calquera punto da Ría de Arousa.
Toda esa riqueza pesqueira e marisqueira foi callando ao longo das décadas e xerando unha actividade que a día de hoxe se materializa fundamentalmente en torno ao Porto da localidade. É esta unha infraestrutura de competencia autonómica, xestionada directamente por Portos de Galicia, é que alberga a zona de amarres de buques pesqueiros, a gran parcela pensada para a descarga do mexillón, a lonxa vilaxoanesa e o edificio do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), cuxas investigacións son referentes en todo o mundo.
A lonxa e as cotizacións
A actividade da frota pesqueira e marisqueira vilaxoanesa no mar materialízase día a día na lonxa. O edificio está ubicado en pleno corazón da zona portuaria e a última remodelación data do ano 2011.
Ao longo de todo o ano 2016, e segundo os datos rexistrados no portal oficial de Pesca de Galicia, rexistráronse na rula un total de 83.476 quilos que supuxeron uns ingresos para a lonxa de 858.300 euros.
Á espera de que se contabilicen os datos do global do 2017, a principios do mes de novembro a facturación de produtos pesqueiros e marisqueiros na lonxa de Vilaxoán acadaba xa os 616.817 euros e o rexistro en quilos sumaba 66.459 en total. A ameixa é, sen dúbida, o produto estrela das poxas nestas instalacións portuarias. Tamén a frota “do xeito”, a arte de recolla da sardiña, é outro dos elementos distintivos da localidade arousá.
As descargas de mexillón supoñen outro dos elementos económicos importantes na rada vilaxoanesa. Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería do Mar respecto ao primeiro semestre do 2017 as descargas do bivalvo ascenderon nun 30 % respecto á anualidade anterior e supuxeron nos principais portos arousáns un rexistro de 80.000 toneladas de produto. Por suposto, entre eles, está o de Vilaxoán.
A zona de amarres e o Intecmar
A frota pesqueira vilaxoanesa ocupa os pantaláns que existen para tal finalidade na lámina de auga portuaria, pegada ao gran espigón. O de Vilaxoán está calificado como porto “pesqueiro e mariñeiro” e posúe un calado duns 25 metros. Así mesmo a súa estrutura está conformada por 26 amarres “con finger” nun total de 5 pantaláns. O máximo de eslora dos buques que atracan neste enclave é de 20 metros, unha cifra condicionada polo calado da dársena.
O que está claro é que a impronta máis internacional dálla a Vilaxoán o edificio do Intecmar, dependente da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. É neste laboratorio de última tecnoloxía no que se analizan diariamente o estado das augas galegas, donde se estuda a incidencia das biotoxinas mariñas e dende donde se advirte ao sector, entre outras cuestións, da presenza da marea vermella nos polígonos bateeiros e nas zonas interfaunais. Estudosos internacionais no mundo da acuicultura teñen ao Intecmar como referente e que colocan a Vilaxoán no mapa europeo e global.
O ocio e o lecer
A actividade económica non é a única que se desenvolve nos terreos portuarios vilaxoaneses. De feito, aínda que sexa un aspecto descoñecido para moitos, os dous parques principais da localidade son de titularidade de Portos de Galicia. Tamén a gran parcela ubicada en frente á praia do Preguntoiro e que leva o mesmo nome e donde se asenta dende hai anos o centro sociocultural e veciñal e tamén a sede do Club de Remo. O aparcadoiro anexo, dunhas dimensións considerables, é un dos asuntos pendentes a desenvolver tanto por Portos de Galicia como polo Concello de Vilagarcía. As dúas administracións traballan a día de hoxe nun ambicioso proxecto de acondicionamento da zona que conlevará a urbanización da parcela, a súa dotación con zonas verdes e de esparcemento e reserva de espazo para uso exclusivo do Porto. De momento, sen prazos establecidos, promete ser un dos investimentos de máis envergadura na zona da rada vilaxoanesa nos vindeiros anos e que sin duda mellorará moito a vida dos vilaxoanenses.
Do mesmo xeito, e de forma periódica, a gran explanada portuaria comparte puntualmente a actividade pesqueira e marisqueira coa de ocio e lecer.
O Festival Revenidas celébrase dende hai anos en espazo portuario, así como outras citas ineludibles en Vilaxoán coma o Enterro da Sardiña ou o San Xoán.
Todas elas exemplo dunha convivencia normalizada entre a rada e a vila e cunha simbiose sen a que non podería entenderse a vida diaria deste pequeño enclave arousán.
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Jaema- Nuestro mejor deseo sois VOSOTROS. Haciéndote sentir seguro desde 1990. Este 2025 cumplimos 35 años a tu servicio. - Juan Carlos I nº20, Local 1, Vilagarcía. - Telf: 986 510 244. - Visita nuestra web
Carolina Méndez - Especialista en ortodoncia exclusiva e invisible. Profesionalidad, experiencia y garantía. Instalaciones renovadas en Rúa Valentín Viqueira, 3, 1º, 36600 Villagarcía de Arosa, Pontevedra. - Telf: 986 50 90 35 - http://www.carolinamendez.es/index.html
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04Visita nuestra web
Peluquería de señora, caballero y niños. Todo tipo de tratamientos y servicios para eventos con productos de la mejor calidad. - C/ Castor Sánchez nº18, Vilagarcía. Telf: 986 189 992 Facebook Tijeras de diseño
Audicost Audifonos Vilagarcía. Rúa Baldosa, 17, Vilagarcía. Telf: 986 18 64 73 Audicost Vilagarcía
Centro de Estética Avanzada en Vilagarcía de Arousa con más de 15 años en el sector. Rúa Arapiles, 8. - Vilagarcía - Telf: 608 106 273 - Visita nuestro instagram instagram.com/susanacolorado.beauty
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20
Seguros de coche, hogar, vida o salud. Roberto Pedreira Cendón, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986566694 E-mail: ropedre@mapfre.com - Visita nuestra web
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out