Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés N13 Verano 2020
Segundo conta a lenda, un mariñeiro de Arousa escoitou a un mouro falar de valiosos tesouros
O Porto Deportivo de Portonovo é desde hai moitos anos o punto de partida para visitar un dos nosos maiores tesouros naturais: A Illa de Ons. A vinculación de Sanxenxo coa illa nace un par de séculos atrás, cando a configuración dos municipios modernos no século XIX adxudicou á localidade do Salnés a adscrición da illa por motivos de proximidade xeográfica.
Posteriormente pasou a formar parte do concello de Bueu por motivos sociais, posto que os antigos colonos insulares procedían da comarca de Morrazo, máis concretamente, do municipio de Bueu, onde a día de hoxe residen gran parte dos habitantes de Ons retornados a terra firme. A pesar deste cambio administrativo, a proximidade xeográfica mantivo intacta a conexión de Sanxenxo con Ons. A oferta de catamaráns e outras embarcacións que saen cada hora desde Sanxenxo é moi ampla, ofrecendo viaxes económicas e rápidas para visitar unha illa que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Desta conexión tamén xurdiron distinas lendas, como a que recolle Álvaro das Casas no seu libro titulado “A Illa de Ons” sobre un tesouro escondido na illa. Segundo conta a lenda, un mariñeiro de Arousa escoitou a un mouro falar de valiosos tesouros. Coa mente posta en facerse cun bo botín, o arousán sonsaculle ao mouro a localización dun deses tesouros. O mouro confesoulle en segredo que nas profundidades da Illa de Ons había unha fonte repleta de caracoliños de ouro. O mariñeiro aproveitou unha mañá que volvía de pescar para recalar na illa e buscar a fonte. Alí estaba. Exactamente na mesma localización que o mouro lle dixera. O mariñeiro volveu a Arousa e esa mesma noite fretou unha dorna para volver á illa en busca dos caracoliños. Foi collendo e soprando dun en un ata que encheu a dorna que o converteu en millonario.

Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Innovando en los diseños con conchas concibiendo joyas modernas y elegantes, Praza do Pósito, 6. O Grove- Telf: 689 223 387 www.agasallosdomar.com
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Especializa en mecánica, chapa y pintura, electricidad y neumáticos del automóvil, Avda. Médico Paz García, 19 - MOSTEIRO. Telf: 986 712 295 ww.talleresjoseluisabal.com
Terapia para o cambio e o benestar. Elvira Romay Cousido. Terapeuta/Consellor. Humanista Integrativo. Telf: 986 54 21 91 Movil: 640 581 086 E-mail: elvira.romay@gmail.com
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 www.canedaychamosa.com/
Fisioterapia traumatoloxica, ortopedica, deportiva, pilates terapeutico Dir: rua José Caamaño Burnacell, 16 - Cambados Telf: 986 18 53 03 www.xacobeabalfisioterapia.es
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com