Carlos Rey | revista eSmás Vilagarcía 52 Primavera 2026
Mar e canto sempre foron bos compañeiros
Vilagarcía, como terra de mariñeiros, tamén foi terra afeccionada ao canto. Mar e canto sempre foron bos compañeiros. Cando a mediados do século XIX Vilagarcía se converte en centro comarcal e de servizos, xorden orfeóns e sociedades recreativas que seguen a cultivar o canto, o teatro e a zarzuela. Fondean na nosa ría as escuadras inglesa, francesa, alemá e sueca, cuxas bandas militares dan concertos todas as semanas no paseo da Alameda. En Vilagarcía, de seguro, escoitáronse antes —popularmente— as mazurcas e os chotis que en Madrid.


Aquí naceu o compositor Bernardo del Río, formouse a diva do teatro Matilde Vázquez… e aquí xestouse a primeira zarzuela galega, “A lenda de Montelongo”.
Vilagarcía… terra de artistas. Así non é de estrañar que tres cancións nacidas no noso pobo estean entre as máis populares de Galicia: “O Lévame”, a foliada de Vilaxoán e o Virapé. É sobre esta última danza da que imos tratar, pero antes cómpre facer un apunte:
Desde os anos corenta no noso pobo existiu a Sección Feminina (da Falanxe, claro), ao igual que a había en Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña e moitas outras vilas. Esta dependía directamente de Pilar Primo de Rivera, a xefa nacional.
A Sección Feminina tiña moitísimas actividades, especialmente o que se chamaban “as campañas”, nas que ían polas aldeas cunha roulotte moi ben equipada e daban durante unha semana cursiños ás mulleres: hixiene básica, coidados dos nenos, cociña, costura, bordados e bos costumes.
Pero, sen dúbida, a actividade pola que destacou e se fixo máis visible foi polos seus “Coros e Danzas”. Grazas a eles mantívose vivo o gusto polo folclore en todo o Estado ata a actualidade.
E Xa Entramos No Tema
A finais dos anos corenta os Coros e Danzas de Vilagarcía foron convocados para participar nun concurso rexional que se ía celebrar en Vigo. O premio era ir ao concurso nacional que se celebraría en Barcelona. Entón as rapazas, non sabendo con que baile presentarse ao concurso, acudiron ao polifacético artista e compositor vilagarcián Manolo Rey Posse, para ver se el podía botarlles unha man.
Daquela, Posse, xa case retirado da vida artística, estaba de encargado da fábrica do seu amigo Víctor Pita, Conservas CUCA, en Vilaxoán. E así foi que Manolo, mirando para as rapazas vilaxoanesas mentres descargaban as xoubiñas das dornas no peirao que había fronte á fábrica, turrando dunhas vagonetas que ían por uns raís de ferro, ideou a “danza do Virapé”.

Posse fíxolles a música e un pouquiño de letra para que, mentres as nenas ensaiaban o baile, puidesen cantala e non perder o ritmo nin ter todo o tempo alí aos gaiteiros tocando. Ao pouco tempo as nenas foron ao concurso en Vigo e… campioas de Galicia. Pasaporte directo á final nacional en Barcelona.
Ao pouco xa era esa final nacional, onde participaban todas as gañadoras rexionais do resto do Estado, pero —por motivos da vida— as rapazas de Vilagarcía non puideron acudir, así que buscaron unha solución: ensináronlle a danza ás súas compañeiras de Vigo para que estas se presentasen ao concurso.
E así o fixeron. A Sección Feminina de Vigo proclamouse vencedora indiscutible grazas a esta danza nacida en Vilagarcía.
Algúns lembrarédela, pero moitos non. Aí vos vai a letra:
O virapé, mociñas a bailar
ao compás do virapé,
traendo sardiñas do mar.
A bailar, a bailar,
rapaciñas de Vilaxoán.
A bailar, a bailar,
a traer peixe fresco do mar.
A muller, por bonita que sexa,
ha de bailar descalciña na area.
A muller, por bonita que é,
ha de bailare na punta do pé.

Algúns preguntarédeste cal foi o premio obtido, jeje. Pois os mellores grupos foron convidados a actuar en Suramérica. Partiron todos xuntos nun transatlántico rumbo a Mar del Plata.
E para rematar, dicir que esta peza, orixinariamente pensada para dúo de gaitas, foi adaptada para banda por Gerónimo Gargallo. Anos despois, o polifacético escritor Ramón González Alegre fixo a pequena obra teatral titulada “Auto do Virapé”.
Almacén de Maderas - Suministros para carpintería y bricolaje. Polígono Ind. Bamio. Telf: 986 50 84 44. | Venta al Púbico : Avd. Valle Inclán, 11 - Vilagarcía. Telf: 985 50 19 20 www.maderasredondo.com
Taller de joyería y relojería, venta y reparación. Dr: Edelmiro Trillo, 19, Vilagarcía de Arousa- Telf: 986 512 016 www.joyareloj.es
Peluquería de señora, caballero y niños. Todo tipo de tratamientos y servicios para eventos con productos de la mejor calidad. - C/ Castor Sánchez nº18, Vilagarcía. Telf: 986 189 992 Facebook Tijeras de diseño
Especializados en el desarrollo del negocio de nuestros clientes. Avda. Vilariño nº16 Bajo, Cambados. Telf: 986 520 366 E-mail: info@canedaychamosa.comwww.canedaychamosa.com
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Axa, agente Juan Pintos - Los mejores seguros de autos, empresas, salud, hogar, vida y ahorro. - Arapiles nº7 bajo, Vilagarcía. - Telf: 986 511 231 E-mail:juan.pintos@agencia.axa-seguros.es www.axa.es
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Recambios e hidráulica Miro - Tu tienda multimarca de suministros para la industria y la automoción. - Avenida das Carolinas, 48, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. - T. 986 50 00 10.
Giraldo Policlínica Dental. Disfunción de la articulación témporo-mandibular. Plaza de Galicia, 8-4º. Vilagarcía. Telf: 986 512 424 Visita nuestra web
Nattex, a túa tenda especializada en descanso. Alejandro Cerecedo nº6, Vilagarcía. Telf: 986 503 260 www.nattexdescanso.es