A Vilagarcía Antiga | Revista eSmás Vilagarcía Nº 10
Fotografías: Patrimonio Vilagarcía www.patrimoniovilagarcia.com
Os terreos que actualmente ocupa a Praia de Compostela formaron parte, noutros tempos, dos xardíns situados fronte a esta, ao outro lado da estrada; da adquisición destes fala "Galicia Nueva" na súa edición do venres, 2 de Agosto de 1929, manifestando que "é un feito a adquisición polo noso Concello dos xardíns de D. Joaquín Martínez na parte que dá ao mar, para converterse en praia estival. Moi pronto se levarán a cabo melloras que transformarán aquel lugar en paraxe marabillosa"; haberían de transcorrer dous anos para que isto fose realidade.

Don Joaquín Martínez non puxera trabas á cesión da súa propiedade e o 3 de Agosto do mesmo ano, dicíase que eran moitas e ben ponderadas as xestións levadas a feliz termo polo Concello. E, ademais dos progresos que estaba experimentando Villagarcía, dicía o xornalista que " mais alá habemos de chegar sempre que a nao do noso Municipio conte coa actual tripulación comandada polo Sr. Lafuente" coa eficaz colaboración da Permanente.
O 26 de Xuño de 1930, xorde algunha inquedanza polo atraso das obras, e di o xornalista que "Don Valentín Viqueira, actual alcalde de Vilagarcía, que ten a consideración persoal de todos os veciños, non ha de ser obstáculo para a realización destes proxectos que, en definitiva, veñen a satisfacer unha necesidade ineludible deste pobo".

Engadía que, estando a finais de Xuño, a Corporación había de procurar converter en parque público o terreo adquirido polo Concello anterior na avenida de Joaquín Martínez, xa que no presuposto figuraba para este obxecto unha partida de 25.000 pts. e aínda que non fosen investidas totalmente poderíanse abrir dúas portas máis na avenida, quitar o enreixado da praia, poñer dúas ducias de bancos, limpar herbas dos camiños e fixar alí o seu posto a dous axentes da Autoridade que vixiaran a
conservación de todo, aínda que o xornalista supoñía que habería alguén interesado en que isto non fose arriba.
Non obstante, para satisfacción de todos, o 3 de Xullo, empezaron a obras e en Agosto inaugurouse a praia de baños municipal; para empezar, "colocaron casetas a prezos módicos, cantina ben fornecida, ben repleta, para satisfacer os gustos dos máis esixentes. Non faltaban cervexas, nin bocadillos, refrescos, licores. Todo ben presentado e con servizo esmerado".
Xa, o Domingo, 9 de Agosto de 1931, tívo lugar o "bautizo" da Praia de Compostela. Ás 9, dianas e alboradas; a banda de música e gaitas do país percorreron as rúas, onde había grande animación.

Na estación do ferrocarril, baixo a marquesiña da plataforma, había un letreiro: "Villagarcía saluda a Compostela" e aos lados, as bandeiras española e galega; as plataformas abarrotadas. Alí estaban a banda de música e gaitas; esperaban o t
ren o Alcalde don Jesús Elpidio Villaverde Rey e a Corporación; o deputado señor Gómez Paratcha; o Xuíz, señor Bellver; o 2º Comandante de Mariña, señor Maffei; o Corpo Consular; o presidente da Cámara de Comercio don Agustín Pereira Fernández.
Ás 11'30 entrou en agullas o tren, coa locomotora engalanada, no que viña a representación de Compostela, sendo recibido con salvas de bombas, ovacións e a interpretación do Himno de Riego. O alcalde deu a benvida á Corporación santiaguesa e representantes da Universidade e dirixíronse á praia, en cuxo parque, engalanado con bandeiras, había unha tarima onde se situaron o alcalde Jesús Elpidio Villaverde Rey; o alcalde de Santiago, Raimundo López Pol, e o Xuíz de Instrución, señor Bellver; o Secretario, señor Gómez Ricoy deu lectura á acta do acordo municipal polo que se daba á praia o nome de Compostela; a continuación pronunciaron os discursos de rigor os alcaldes de Villagarcía e de Santiago de Compostela.
Despois do acto, houbo un banquete no parque de don Joaquín Martínez, servido polo conserxe do Casino, Tomás
Gonzalo, en tanto que moita xente se foi a comer á illa de Cortegada, onde houbo unha romería.

Ás 9 da noite houbo unha recepción no Concello e posteriormente unha verbena no parque con lumes de artificio.
As antigas casetas atopábanse ao longo de toda a varanda da praia .Daban servizo a todas as persoas para que puidesen cambiarse de roupa. Cada unha delas estaban pintadas de distintos motivos e cores, o que daba un ambiente pintoresco ao parque. O artista que deixou a súa impronta nos debuxos que podemos ver nalgunha delas foi Eugenio Granell considerado como o derradeiro pintor surrealista español . Viviu en Vilagarcía entre os anos 1935/1936. As casetas, na parte interior tiñan un pequeno andel e uns colgadores para a roupa e no chan un pequeno enreixado de madeira.
Angeles Tilve - Peluquería Unisex. Tlf: 626456011 - 886309829. Plaza Juan XXII, 2 - local 10. Vilagarcía. Horario: Martes a Sábados, de 9:00 a 20:00h.
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04Visita nuestra web
Rosalía de Castro nº187, Carril. Telf: 986 502 481 Facebook Veterinario Carril
Servicio de autocares con amplia trayectoria en el sector. Rúa Patiño, 19 - P.Ind. Trabanca - Vilagarcía. Telf: 986 50 10 27 E-mail:empresa@pereirasl.com Visita nuestra web
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - https://www.construgal.es/
Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es
Burbuja Blanca Lavandería, con zona de espera para niños y máquina de café y snacks. Av. de cambados, 253 Vilaxoan
Tu boutique de moda para hombre y mujer con diseños de inspiración marítima. C/ Edelmiro Trillo nº21, Vilagarcía. Telf: 986 551 881 Visita nuestra web
Av. Rosalía de Castro, 175 CARRIL Telf.: 886 905 133 - 626 011 938
Av. Juan Carlos I, 27 - Telf.: 886 293 360 - Whatsapp: 619 888 039 - www.clinicadentaldoctortouron.com