Logo de la empresa

Poesía -Mariña Pérez

Redacción revista eSmás | revista eSmás Santiago Nº 2

 

"Boca de Gárgola" móvese entre "a crítica e a tenrura" cara á cidade xacobea
Poesía -Mariña Pérez
Mariña Pérez Rei é escritora e docente de Ames, afincada en Santiago de Compostela. No seu traballo combina as facetas da prosa e poesía.
Ten publicado varias novelas, como "Canícula" ou "Contrapicados".
En poesía, ademais de colaborar en revistas, ten publicado títulos como "Fanerógama" ou "Paquidermo".
Do seu último traballo "Boca de Gárgola" din que móvese entre "a crítica e a tenrura" cara á cidade xacobea, froito de vivir "nunha arquitectura complexa, cosmopolita, de grande amplitude cultural e ao mesmo tempo unha pequena aldea universal". Obra presentada na prestixiosa galería de arte Bus Station Space da cidade compostelán.

 
 
Outra vez o vento varrendo feluxe
remorsos na cidade vella.
O inverno escribíndose polas torres sen outro aviso
que non sexa o gume do frío
desafibelando o sentir.
Pingan anacos de silencio desprendido das gárgolas
vómitos de
arestas topetes lumieiras balconadas.
Desacostumado Santiago
Apenas os turistas desaparecen
refuxiámonos debaixo dos mudos soportais e
regresamos ao abrigo
co rostro estucado
do que mira por vez primeira as liñas da cidade.
(Sempre son menos paralelas do que semellan nos equinoccios9.
Scroll to Top