Logo de la empresa

Poesía -Tania Sagueiros

Redacción revista eSmás | revista eSmás Santiago Nº 1

Forma parte da grande rede de poetas anónimos da rúa, dos que se deixan ver en pequenos recitais ou dos que a veces se esconden
Poesía -Tania Sagueiros
A ourensá Tania Salgueiros estuda medicina en Santiago de Compostela. Non é unha artista de obra publicada pero forma parte da grande rede de poetas anónimos da rúa, dos que se deixan ver en pequenos recitais ou dos que a veces se esconden.
Tania quere compartir unha cita:
"Se os nenos, xoves, e menos xoves teñen oportunidade de coñecer a súa cultura transmitirán aos que veñen detrás un acervo que ademais de enriquecelos como persoas, para facelos máis tolerantes e respectuosos, e polo tanto máis libres". Xaquín Lorenzo "Xocas"
 
Férveche o Tempo

Choras cos ollos pechados 
e o corazón aberto
apertas os puños e a rabia
que sen alento marcha e escorrega...
férveche o tempo.
Arde a túa idea sen tento 
morre, abandona o eido
tirar agora con todo...
facer nada do feito...
escarmento.
Choromicas nas absurdas bagoas 
da túa exenta razón
sentindo dentro vergoña
incluso pamplina, estupidez,
aprensión.
A culpabilidade do seino
mais non son quen de dicir 
o que non digo sae só
non prende dentro de min.
Desmentir.
Non máis, non xa, non, non.
Non queres falsear máis o tempo 
corre a mente a se agochar 
seguida dos meros sensos...
arrepentimento.
Férveche o tempo.

Anunciantes en el número actual la revista eSmás:


Scroll to Top