Redacción revista eSmás | revista eSmás Vilagarcía Nº 2
A viaxe dun inglés, relato curto de Manuel Seixas

Nunha santa vila que semella retomar os folgos viviu un inglés con gran maquillaxe e complementos.
Capas de xofre cobren os seus ollos.
O inglés camiña polas rúas estrañas dunha paisaxe de pedras lácteas e diamantes obscenos.
O inglés non sabe rir.
O inglés vai morrendo pouco a pouco.
Entón, chegaron os peixes de cores e a auga fresca do mar, e sempre ela, ela. O inglés colleu todas as capas, toda a maquillaxe, todos os complementos, pedras e diamantes e emprendeu a viaxe, tanto tempo retrasada polos seus propios medos.
Arrastrado polas correntes cómplices do mar chegou impávido á illa do milagre.
E así, as cousas semellaron encaixar pouco a pouco. Ese arrefriado perdido e eterno. Non está? Ese peso no lombo, na alma que ía caendo, extinguíndose entre dunas azuis celeste. Non está?
O inglés foi rachando cachos da súa propia pel, ata que, un día, baixo a suposta impostura dunha eternidade, xurdiu un novo corpo, un novo ser.
O inglés aprendeu que no camiño está a vitoria.
Na loita cotiá e imperecedoira.
Tentou ser cómplice do tempo.
Unha tarde quente e ventosa achegáronse os primeiros poboadores dese incríbel mundo e falaron co silencio e o berro. Calaron e berraron cara a cara.
O inglés medrou e un día resucitou de entre os mortos.
Non houbo foguetes, nin festa, nin beatificación laica. Non. Simplemente unha morea de pequenos, imperceptíbeis segundos. Unha maxia e unha perda. Un sosego interno e unha pequena esperanza.
Nunha santa vila viviu un inglés unha eternidade de Ritas e Roques.
Agora, no novo mundo, inesperadas capas de ilusión cobren os seus miolos.
Os ingleses precisan perspectiva.
Os ingleses precisamos aire limpo e puro.
Algún día volverá sobre os seus pés ata chegar á paisaxe rara que o fixo e o desfixo. Sen peso, sen cargas. Camiñará por novas rúas e avenidas, polas escasas ruínas dun pasado esplendoroso e ruín, polas derradeiras corredoiras da esencia e o devalar do tempo. Mergullarase nun futuro feito muller inmensa ao lado dun pequeno río no que os patos falan e falan mentres comen.
A velliña bótalles pan enfeitizado.
Os velliños da man, lentos, que a ameba conserva nas súas retinas.
Ingleses, podemos ser mellores! En serio, dixo algún deus do imposíbel.
Ser mellores.
Foi así que o home, o inglés, aprendeu a gran lección revirada e simple.
Sinxeleza cósmica: Vivir, vivir. Camiñar, camiñar.
Expando os pulmóns. Respiro. Non sei canto. Mais sei onde.
Respiro.
Probemos xuntos.
Manuel Seixas.
Xullo 2013.
Para tod@s @s ingleses superviventes.
Local con decoración de inspiración americana y una cuidada selección musical. C/ Mendez Nuñez nº16, Vilagarcía. Facebook Sold Out
Nattex, a túa tenda especializada en descanso. Alejandro Cerecedo nº6, Vilagarcía. Telf: 986 503 260 www.nattexdescanso.es
Especialista en acupuntura veterinaria y fitoterapia. Avda Juan Carlos I nº15, Vilagarcía. Telf: 986 502 200 Movil: 607 45 39 04www.doncan.es
Telf: 625 80 79 23 - 639 87 04 88 - E-mail: info@corticata.com - www.corticata.com
Pza. Juan XXIII, 1 Vilagarcía de Arousa Telf.: 986 504 860- mail: info@ofimaticaarosa.com www.ofimaticaarosa.com
Jaema- Nuestro mejor deseo sois VOSOTROS. Haciéndote sentir seguro desde 1990. Este 2025 cumplimos 35 años a tu servicio. - Juan Carlos I nº20, Local 1, Vilagarcía. - Telf: 986 510 244. - www.jaemasl.com
Más de 40 años de experiencia en servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio Arosa: Avda. de Pontevedra, 21, Vilagarcía- Telf: 986 501 101 www.pompasfunebres.es
Camino das Barreiras, 2 - Guillan - Vilagarcía de Arousa Telf: 620 249 739 - www.construgal.es
Escuela infantil de 0 a 3 años, servicio de comedor, inmersión lingüística en inglés, equipo psicopedagógico, etc. Dr: Av. Cambados, 105- Vilagarcía de Arousa Telf: 886 30 35 78- 656 985 449- Email: estrellasamarelas@gmail.com
Diseño e Interiorismo. Plaza de Galicia nº19 5º, Vilagarcía de Arousa. Telf: 986 509 006 | 670 517 181 E-mail: jorge@jorgejimenezinteriorismo.es