Redacción revista eSmás | revista eSmás O Salnés Nº 20 Primavera 2022
Falamos con Rosa Fiel, directora do grupo de teatro afeccionado de Cambados Teatro no Garaxe
Falamos con Rosa Fiel, directora do grupo de teatro afeccionado de Cambados Teatro no Garaxe sobre a evolución desta asociación dende os seus inicios, para os que se puxo o xermolo no ano 2009.
Onde están as orixe de Teatro no Garaxe?
Todo comezou no 2009. Nese ano, con motivo da celebración dos 50 anos do pasamento de Ramón Cabanillas o Concello de Cambados e a directora de teatro Noelia Toledano decidiron xuntar a xente para facer unha lectura teatralizada da súa peza dramática “A man da Santiña”. Os participantes neste acto sentíronse a gusto e falaron de seguir ensaiando e creando pezas teatrais. Foi cando se empezou a xerminar unha escola de teatro no Concello da man da propia Noelia Toledano, que foi creadora, directora e organizadora do grupo. E aí está o punto de partida de Teatro no Garaxe. Naquel primeiro momento había varios grupos facendo diferentes obras ao mesmo temo: dous de adultos, un de rapaces máis novos e outro de cativos. A verdade é que había moita vitalidade e movemento, eran actividades organizadas polos Concello de maneira gratuíta e tiñan moi boa aceptación.
Como se pasou de aí a crear Teatro no Garaxe?
O problema é que había tanta xente interesada que acabou converténdose en algo moi complicado poñer a funcionar e organizar tantos grupos a un tempo. Ao cabo dun tempo, foi reducíndose o grupo ata crear un só, que foi o que se mantivo mais estable. Foi aí cando se creou Escola no Garaxe, tanto como grupo de afeccionados como asociación cultural.

Cal foi a evolución do grupo dende entón?
Naquel momento, moitos dos compoñentes do grupo eran persoas xubiladas que atoparon un espazo no que se sentiron ben. A día de hoxe segue a ser un grupo numeroso, pois somos 21 persoas, mais é máis heteroxéneo, pois hai persoas aproximadamente dos 25 aos 70 anos. O que pasa é que, ao ser un grupo tan grande, é complicado atopar pezas con tantas personaxes. A maioría de pezas teñen poucos e, as que teñen máis, son máis clásicas e teñen maior dificultade e requirimentos á hora de levalas á escena. O grupo seguiu durante uns anos da man de Noelia Toledano, ata que marchou e Manuel Dios, ex-alcalde e profesor, colleu a batuta. Agora estou eu como directora, que comecei como compoñente.
Que tal o recibimento entre os veciños?
Incrible, non podemos ter máis que palabras de agradecemento para toda a veciñanza. Nunha das últimas obras, “Bodas de Sangre, a acollida foi desproporcionada. A xente non cabía no auditorio, chegaron incluso a desmaiarse persoas da cantidade de xente que había, puxéronse máis cadeiras para dar resposta ás que ían chegando, etc.
En que proxectos estades inmersos nestes momentos?
Curiosamente, antes de que comezase a pandemia estabamos preparando “O enfermo imaxinario”. De feito, a estrea ía ser o 15 de marzo, un día despois de que se decretase o Estado de Alarma. Foi un cúmulo de casualidades, pois adoitamos representar as obras no Nadal, mais ese ano un dos compoñentes do grupo tivo un ictus e decidimos agardar a que estivera mellor. E non puidemos volver ensaiar ata hai pouco, pois somos 21 persoas de diferentes unidades familiares non espazo moi reducido e, ademais, houbo algún dos rapaces máis novos que marcharon de Cambados nestes dos anos, polo que houbo que buscar novos actores e montar a obra de novo. Agora agardamos poder presentala.
Clínica Dental César Lipcen - Especialista en odontología. C- 36 -000347. Illa de Arousa: Avda. Castelao, 31 - 1ºB - Telf: 986 52 74 86 Vilanova de Arousa: Pza. del Parque, 6- 1ºC - Telf: 986 55 47 14
visión XXI ópticas - Paseo dos Olmos, 9 Vilanova de Arousa - Teléfono: 986 55 57 97 - ww.visionxxi.es
Envases metálicos para el mundo. Ctra. Pontevedra - Vilagarcía Km. 13.800 - Meis (Pontevedra) Telf: 986 71 67 07 - Visita nuestra web
Servicios de Grúa 24 Horas Sanxenxo - Vilanova de Arousa - Telf.: 986 747 851 - 669 847 652
Administración de comunidades- Asesoría fiscal, laboral y contable, Alcalde Xacobe Barral Otero, 5 Ptal. 3 1º A- O Grove- Telf: 986 735 130
Peluquería Mixta Patricia Torrado. Belleza y solarium - Entrada al Políg. Trabanca Badiña. Vilagarcía de Arousa. - Tlf: 986 50 47 75.
Especialistas en diseños originales en decoración, dormitorio, Jaime Solá Mestre, 1- O Grove- Telf:986 074 427 www.essenzialhome.com
Tu óptica de confianza. Av. Bouza Martín 7, Ribadumia Telf.: 986 716 347 - 628 777 255 www.laopticadebea.es
Caneda y Chamosa - Tu centro Administrativo - Contable - Fiscal - Laboral - Jurídico - Subvenciones de confianza. Avda. Vilariño, 16 - BJ - 36630 - Cambados (Pontevedra) info@canedaychamosa.com Telf: 986 52 03 66 www.canedaychamosa.com/
Servicios funerarios, tanatorios y crematorio en la comarca del Salnés. Dr: Tanatorio del Salnés: Avda. da Pastora, 106 B, Cambados- Telf: 986 542 693- Tanatorio O Grove: Rúa da Igrexa,6- Telf: 986 733 137 Of.C: Telf: 902 800 325 | 986 501 101 www.pompasfunebres.es